| A agricultura de pequena escala é a solución á crise alimentaria |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 16 Novembro 2009 12:58 |
|
Hai máis de 1.500.000.000 de pequenos produtores e produtoras de alimentos a nivel global, que producen máis do 75 % dos alimentos que o planeta consome. E é posible asegurar o 100% da alimentación cun modelo de agricultura e gandería campesiña e de pesca artesanal.
Lonxe do que se nos di, a agricultura a pequena escala, garante producións suficientes, sen un uso desmesurado de petróleo como se utiliza na agricultura industrializada. Por iso, a agricultura campesiña e o comercio local, poden arrefriar o Planeta.
Para iso necesítanse políticas adecuadas e xustas. As directrices políticas deberían enfocarse cara a un verdadeiro apoio á agricultura familiar. Reclámase con urxencia que a terra volva ás mans dos pequenos agricultores. Unha verdadeira reforma agraria, pendente desde fai tantas décadas, é tan necesaria para o clima como un acordo xusto en Copenhague.
Sabemos o que hai que facer: Non é posible que máis de mil millóns de persoas padezan fame. E a maioría, o 80%, son produtores e produtoras de alimentos a pequena escala, pobos indíxenas, traballadores e traballadoras rurais que non poden vivir do seu traballo.
Necesitamos tamén políticas públicas que sitúen no centro, e cunha participación activa, a quen producen os alimentos que o mundo consome. Débense adoptar medidas que fagan posible a soberanía alimentaria dos pobos. Que promovan o dereito dos pobos a controlar os seus recursos naturais.
Na apertura do Foro tanto o Alcalde de Roma, Gianni Alemano como o Director Xeral da FAO, Jacques Diouf recoñeceron que a crise alimentaria e climática ten resposta nos movementos rurais. Agora, no Cume Mundial teñen a oportunidade de demostrar que se cren as súas propias palabras.
Para reclamar os nosos dereitos e para mostrar que podemos alimentar e arrefriar ao planeta, máis de 500 representantes da sociedade civil de todos os países organizarán un evento contundente e imaxinativo fronte aos Xefes de Estado.
Non máis transxénicos. Non á especulación financeira cos alimentos. Non ao novo acaparamiento de terras. Non ao cultivo de agrocombustibles. Non á pesca industrial.
Pola Soberanía Alimentaria, agora.
|





