| Un novo estudo mostra riscos para a saúde de transxénicos cultivados e consumidos en España |
| Escrito por Montse Fernández |
| Mércores, 23 Decembro 2009 14:07 |
|
O estudo realizouse a través de ensaios realizados pola multinacional Monsanto, que comercializa os tres millos. O equipo científico examinou os datos de ensaios con ratas que se presentaron para conseguir a súa autorización, que eran ata agora confidenciais e foron obtidos en moitos casos por vía xudicial. Segundo os autores é a primeira vez que estes ensaios confidenciais que Monsanto presentou para autorizar os seus produtos son revisados por investigadores independentes.
Os científicos encontraron ao analizar os datos evidencias claras de riscos para a saúde en parámetros sanguíneos asociados coas funcións renais e hepáticas. Os cambios observados cos tres millos transxénicos seguen patróns típicos de disrupcións no sistema metabólico. O equipo tamén critica duramente a forma na que os datos foron analizados por Monsanto, sen cumprir os estándares estatísticos internacionais nin os estándares para ensaios alimentarios.
Os tres millos teñen, non obstante, o visto bo das autoridades europeas, que permitiron a súa importación para entrar na alimentación humana e animal en Europa e un deles, o MON810, cultívase sobre todo en España.
"Estes estudos demostran que non é posible garantir a seguridade dos alimentos transxénicos. Debemos aplicar o principio de precaución e retirar os transxénicos da nosa agricultura e a nosa alimentación" asegurou David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra Madrid.
Este novo estudo científico engádese a unha longa lista de estudos independentes sobre os impactos ambientais e os riscos para a saúde dos produtos transxénicos, que de forma reiterada son ignorados polas autoridades españolas e europeas.
Ana Etchenique, vicepresidente da Confederación de Consumidores e Usuarios (CECU) afirmou: "Non é posible que un goberno escoite antes a industria que os cidadáns; ten que velar por prácticas agrícolas responsables, pola seguridade dos alimentos e pola saúde dos cidadáns / consumidores. Por que o noso Goberno non segue os pasos de países como Francia, Austria ou Alemaña, que xa prohibiron o cultivo de transxénicos? "
España é o único país da UE que cultiva transxénicos a grande escala, nunha situación de absoluta falta de transparencia e control. Entre os múltiples impactos demostrados, está a contaminación dos cultivos ecolóxicos e convencionais por transxénicos. Os afectados non teñen amparo legal e foron reiteradamente ignorados polo Goberno.
O pasado mércores, a Comisión de Medio e Agricultura do Congreso votou unha Proposición non de Lei [2], apoiada mesmo polo grupo parlamentario socialista, para instar ao Goberno a sancionar as contaminacións xenéticas dos cultivos ecolóxicos e convencionais por parte dos cultivos transxénicos e a establecer un sistema de compensación por todos os danos causados aos agricultores e produtores ecolóxicos.
"O Goberno non pode poñer máis escusas, ten que protexer os modelos de agricultura social e sostible, que xeran emprego no medio rural e responden á demanda social de alimentos sans e de calidade. Ten que prohibir, dunha vez, o cultivo de transxénicos no Estado Español" engadiu Andoni García, membro da executiva da Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG).
Notas [1] O estudo completo De Vendômois JS, Roullier F, Cellier D, Séralini GE. A Comparison ofthe Effects of Three GM Corn Varieties on Mammalian Health. Int JBiol Sci 2009; 5:706-726. Está dispoñible en: http://www.biolsci.org/v05p0706.htm
[2] Proposición non de Lei sobre a protección dos cultivos convencionais e ecolóxicos fronte á contaminación dos cultivos transxénicos. (161/001051). Votada o 16 de decembro. Dispoñible en www.congreso.es
|

Un novo estudo realizado por científicos franceses das universidades de Caen e Rouen sobre tres variedades de millo modificado xeneticamente, mostra claras evidencias de riscos para a saúde [1]. España é o único país da UE que permite o cultivo dun destes millos, MON810, a grande escala. Os outros dous millos están autorizados para a súa importación e para a súa entrada en alimentación humana e animal. Agricultores, consumidores e ecoloxistas esixen que se aplique o principio de precaución e se prohiban os cultivos e alimentos transxénicos.


