| Manifesto contra os transxénicos |
| Escrito por Montse Fernández |
| Venres, 26 Febreiro 2010 09:47 |
|
Dende Amigos da Terra, COAG, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace promoveuse hai dous anos unha Declaración contra o uso de transxénicos na agricultura e a alimentación, e pretendemos agora presentar unha nova lista de adhesións o próximo 16 de marzo. Fronte ás promesas da industria, preténdese recordar a realidade da introdución dos transxénicos.
Trátase dunha declaración da sociedade civil, avalada por representantes de organizacións, asociacións, ONG's, sindicatos, investigadores e xente da Universidade, para deixar claro que o debate sobre os transxénicos é un debate que afecta ao conxunto da sociedade. O 18 de febreiro de 2009 presentouse en rolda de prensa en Madrid con máis de 450 firmas e a idea é presentala de novo este ano superando as 600 firmas. É especialmente importante difundir esta Declaración en ambientes universitarios (catedráticos, directores, investigadores, etc) e de organizacións da sociedade civil.
Se xa es asinante da Declaración, pedímosche que nos axudes a conseguir máis apoios. De especial importancia son os ámbitos de ciencia, investigación, tecnoloxía, etc. Polo tanto pedímosvos por unha parte, que os representantes/líderes das vosas organizacións nos remitan un breve correo electrónico de apoio ao manifesto, e por outra, que movades esta petición en todos os vosos ámbitos para conseguir o maior número posible de adhesións. Para adherirse á declaración, só hai que enviar un correo electrónico con nome, cargo, e a organización/departamento/universidade ou o que corresponda, a esta dirección de correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Aquí podes encontrar o texto da Declaración e a lista actual de asinantes.
É un paso importante para continuar a loita contra os transxénicos!
|



