Portada NOVAS 2º Manifestación Estatal Antitransxénica (Madrid, 17 de abril)
2º Manifestación Estatal Antitransxénica (Madrid, 17 de abril)
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 16 Abril 2010 08:16
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091113_manifazaragoza

Mañá, sábado 17 de abril ás 11.30 horas terá lugar en Madrid a 2º Manifestación Estatal Antitransxénicos, partindo dende a Porta de Alcalá ata o Ministerio de Medio, Medio Rural e Mariño. Baixo o lema "Por unha Alimentación e unha Agricultura Libres de Transxénicos", todo un conxunto de organizacións ecoloxistas, agrarias, de consumidores e moitas outras esixirán ao Goberno do PSOE que prohiba, dunha vez, o cultivo de transxénicos no noso país.

 

O Goberno segue tolerando o cultivo a gran escala de Organismos Modificados Xeneticamente (OMG) en territorio español, en contra da maioría social e fronte á actitude de precaución adoptada por países como Francia, Austria, Alemaña, Hungría, Luxemburgo, Polonia, Irlanda, Grecia ou Italia, que manteñen moratorias e prohibicións ao seu cultivo. Os niveis de irresponsabilidade política no Goberno alcanzaron cotas perigosas. De feito, e por primeira vez, o Ministerio do Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño recoñeceu o pasado mes de outubro a existencia de persoas e de empresas que sufriron os efectos da política de transxénicos levada a cabo polo Executivo español.

 

A postura do Goberno, ademais de prexudicar o noso medio e poñer en perigo a saúde pública, está a conseguir que a imaxe de España e dos seus produtos alimentarios no exterior se vexa gravemente danada.

 

Animámosvos  a apuntarvos ao autocarro de balde no que a PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS asistirá á manifestación de mañá. Se queredes participar na manifestación e apuntarvos ao autocarro poñervos en contacto con:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou nos teléfonos: 981554147 e 680118479.

 

 

Comunicado de Prensa

 

Ademais, aquí tedes a resposta da Plataforma Galega Antitransxénicos ao comunicado de prensa enviado na tarde do martes 13 de abril  pola Consellería de Medio Rural, tras a rolda de prensa que tivo lugar esa mesma mañá.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.