| A manifestación contra os transxénicos foi un éxito |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 19 Abril 2010 10:07 |
|
España é o único país da UE que cultiva transxénicos a grande escala. O ano pasado, foron 76.000 as hectáreas cultivadas con millo modificado xeneticamente no noso país. Este cultivo desenvólvese baixo unha absoluta falta de transparencia e control, con numerosos casos de contaminación de colleitas e alimentos. Aínda así, o Goberno ignora os seus impactos sociais e ambientais, e as consecuencias sobre a saúde que levaron a outros países a prohibilo.
Encontrámonos no semestre de Presidencia Española da UE, e o Goberno ten, se cabe, aínda máis responsabilidade para impulsar outro modelo de agricultura e alimentación. Non obstante, cando a Comisión Europea aprobou hai poucas semanas o cultivo dunha pataca transxénica, España foi un dos poucos países que apoiou esta decisión.
A multitudinaria manifestación supón o acto central dunha semana de accións contra os transxénicos, con decenas de protestas, charlas e accións informativas por todo o Estado. As organizacións convocantes consideran que esta mobilización supón unha demanda clara e contundente ao Goberno para que actúe en defensa do medio, a agricultura e os dereitos dos consumidores, e prohiba o cultivo de transxénicos no Estado Español.
|

15.000 persoas manifestáronse o pasado sábado en Madrid baixo o lema "Por unha Alimentación e unha Agricultura Libre de Transxénicos". Agricultores, ecoloxistas e consumidores de todo o Estado percorreron a cidade esixindo ao Goberno que siga o mesmo camiño percorrido por países como Francia, Alemaña ou Austria, e prohiba o cultivo de millo transxénico en España.



