Portada NOVAS O dereito ao libre acceso á información aplícase tamén aos transxénicos
O dereito ao libre acceso á información aplícase tamén aos transxénicos
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 20 Maio 2010 17:49
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

algodon_tranxenico

 

 

Agricultores, consumidores e ecoloxistas rexeitan as presións da industria e esixen transparencia.

 

O pasado 6 de maio publicouse por primeira vez a situación exacta das parcelas onde se solicitou realizar ensaios con cultivos transxénicos experimentais en España. Unha recente sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza afirma que a localización dos cultivos transxénicos están suxeitos ao libre acceso á información e en países como o Reino Unido o Goberno o publica directamente na súa páxina web. Non obstante, dende a industria dos transxénicos lanzouse unha agresiva campaña de criminalización contra Amigos de la Tierra por facer públicos estes datos. Agricultores, consumidores e ecoloxistas rexeitan estas intimidacións e esixen rematar coa falta de transparencia sobre os transxénicos en España.

 

En 2010, multinacionais como Monsanto, Syngenta, Bayer ou Pioneer solicitaron permiso para experimentar en máis de cen parcelas repartidas por todo o país con millo, remolacha e algodón transxénico. Estes ensaios levan consigo a utilización ao aire libre de organismos dos que aínda non se coñecen os seus efectos sobre a biodiversidade ou a saúde e supoñen un grave risco de contaminación xenética. Agricultores, veciños, concellos e espazos naturais afectados teñen dereito a coñecer a súa localización exacta para tomar medias de protección e control. España acolle o 42% de todos os experimentos con transxénicos ao aire libre que se realizaron na Unión Europea nos últimos anos, algo que foi posible grazas ao escurantismo da política sobre transxénicos.

 

Tras a publicación destes datos, as empresas que queren realizar estes ensaios lanzaron unha campaña, a través da patronal da industria das sementes ANOVE e da Fundación Antama, de acoso e criminalización, acusando Amigos de la Tierra de "incitación ao vandalismo".

 

Diversas organizacións rexeitan estas acusacións e apoian Amigos de la Tierra na súa decisión de publicar estes datos. Tal e como estableceu o Tribunal Europeo de Xustiza "o dereito de acceso do público á información aplícase á liberación de transxénicos. Os Estados membros non poden invocar unha excepción de orde pública para opoñerse á divulgación do lugar da liberación de organismos modificados xeneticamente".

 

Mentres gobernos como o do Reino Unido, Portugal, Romanía ou Alemaña facilitan esta información na súa páxina web o Goberno Español non a publica, e resistiuse a facilitar as localizacións dos campos experimentais. España tampouco cumpre a lexislación europea sobre os cultivos transxénicos comerciais, ao non existir un rexistro público coa súa localización.

 

Dende COAG, CECU, Greenpeace, Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Plataforma Rural, Rede de Sementes "Resementando e Intercambiando", WWF e SEO/Birdlife esíxese unha política de total transparencia sobre os cultivos e alimentos transxénicos.

 

Máis información

 

Comunicado Tribunal Europeo de Xustiza

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.