Portada NOVAS A demanda europea de agrocombustibles é responsable do acaparamento de terras en África
A demanda europea de agrocombustibles é responsable do acaparamento de terras en África
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 02 Setembro 2010 09:53
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

agrocombustibles

 

Un novo informe de Amigos de la Tierra demostra que a cantidade de terra requisada en África para abastecer a demanda europea de agrocombustibles é un problema cuxa gravidade non se está a valorar convenientemente, atopándose fóra de control, segundo mostran os datos do mesmo.

 

Nesta investigación, que abrangue 11 países africanos, documéntase que máis de 4,5 millóns de hectáreas de terra - unha superficie equivalente ao tamaño de Dinamarca - foron ou serán adquiridas por investidores estranxeiros, principalmente para abastecer de agrocombustibles ao mercado europeo. Esta práctica, coñecida como "acaparamento de terras" ou "land grabbing", é cada vez máis común e está dominada por empresas europeas. Non obstante, hai moi pouca información sobre o alcance real do problema e as cifras que actualmente se manexan están probablemente moi por debaixo das reais.

 

O informe "África: o acaparamento de terras" revela como se está a desposuír das súas terras ás comunidades locais e como a produción de agrocombustibles compite pola terra coa produción de alimentos, mentres que se destrúen hábitats naturais. Así mesmo, será necesaria moita máis superficie para producir agrocombustibles se a UE quere cumprir o seu obxectivo de introducilos nun 10% do total de combustibles no transporte para 2020.

 

Adrian Bebb, coordinador da campaña de agrocombustibles de Amigos da Terra Europea engadiu "a nosa investigación mostra que a demanda europea de agrocombustibles é unha das principais causas do acaparamento de terras en África. As comunidades locais enfróntanse a maiores problemas de abastecemento de alimentos para encher os depósitos de coches e camións en Europa. A UE debería descartar urxentemente a súa política de promoción dos agrocombustibles e investir nunha agricultura respectuosa co medio e limitar a enerxía que se usa no transporte".


Un informe filtrado do Banco Mundial sobre acaparamento de terras corrobora estas estimacións, afirmando que "as consultas ás comunidades locais foron a miúdo moi débiles... Os conflitos foron comúns, normalmente acerca dos dereitos sobre a terra,". O Banco Mundial rexeitou polo momento publicar estes polémicos datos. Xa houbo protestas contra o acaparamento de terras por parte de empresas estranxeiras en países como Tanzania, Madagascar e Ghana.

 

Marian Bassey, coordinadora de agricultura e alimentación de Environmental Rights Action / Amigos da Terra Nixeria afirmou que "a expansión dos agrocombustibles no noso continente está a transformar os bosques e a vexetación natural en cultivos para combustible; desposuíndo as comunidades da terra necesaria para producir alimento, e creando conflitos na poboación local pola propiedade da terra. Queremos un investimento real en agricultura que nos permita producir alimentos e non combustibles para coches estranxeiros"

 

Pola súa banda, David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra España, engadiu que "as empresas europeas están a acaparar terras ao longo do continente africano, a custa dos medios de vida das comunidades e do medio. E todo para alcanzar un obxectivo político, o 10% de agrocombustibles en Europa, que contou co firme apoio do Goberno español a pesar de todos os sinais de alerta sobre os seus impactos a nivel global. "

 

Informe "África: o acaparamento de terras"

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.