Portada NOVAS O fracaso da pataca transxénica
O fracaso da pataca transxénica
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 11 Novembro 2010 11:28
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

papas-transgnicas

 

Contaminación, rexeitamento social e un recurso xudicial de 5 Gobernos Europeos resumen o seu primeiro ano de cultivo.

 

A Comisión Europea aprobou en marzo deste ano o primeiro cultivo transxénico na Unión Europea despois de 12 anos, a pataca Amflora. Tras a súa primeira tempada de sementeira, o balance non podería ser máis desastroso. Rexeitada pola opinión pública e a industria, gran parte da súa colleita viuse contaminada ou retida. O seu cultivo foi prohibido en Austria, Hungría e Luxemburgo, e 5 Goberno europeos emprenderon accións xudiciais contra a súa aprobación.

 


Cultivada en 2010 en 267 hectáreas repartidas por Suecia, Alemaña e República Checa, os resultados desta colleita non foron precisamente positivos. O seu cultivo en Suecia viuse envolvido nun escándalo de contaminación por unha pataca transxénica non autorizada, e polo tanto ilegal, coñecida como Amadea. Debido a esta contaminación, 16 das 102 hectáreas cultivadas en Suecia tiveron que ser destruídas. Non tiveron mellor sorte as 15 hectáreas cultivadas en Alemaña, que foron retidas por orde das autoridades rexionais ata poder garantir que estaban libres de contaminación pola pataca transxénica ilegal. Ata a data, están retidas nun almacén do Goberno Federal á espera de nova orde.

 

A pataca Amflora conseguiu o rexeitamento frontal de varios Gobernos Europeos. Austria, Luxemburgo e Hungría prohibiron o seu cultivo no seu territorio e xunto aos Gobernos de Francia e Polonia denunciaron fronte ao Tribunal Europeo de Xustiza a aprobación desta pataca transxénica.

A industria europea do amidón tamén rexeitou esta pataca, para evitar problemas de contaminación e o rexeitamento dos consumidores. Existen patacas convencionais dispoñibles no mercado co mesmo contido de amidón, sen necesidade de modificación xenética, o que evidencia o innecesaria que é Amflora.

 

A aprobación da pataca transxénica xerou amplas protestas por toda Europa. Recolléronse máis dun millón de firmas en tan só uns meses, no que supón a primeira "iniciativa cidadá", un principio recollido no Tratado de Lisboa da Unión Europea (EU) dende decembro de 2009, en virtude do cal un millón de cidadáns e cidadás europeas teñen a posibilidade de pedir formalmente á Comisión Europea que adopte medidas lexislativas para satisfacer as súas demandas. Desenvolvéronse tamén numerosas protestas, destacando as producidas en España.

 

David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos de la Tierra afirmou: "O balance do primeiro ano de cultivo de Amflora foi claramente desastroso, e debería servir para que a Comisión Europea e Gobernos como o español se reformulen a súa aposta polos transxénicos. Son innecesarios, non achegan ningunha vantaxe, formulan demasiados riscos e o seu cultivo por uns poucos xera enormes problemas para o resto de agricultores, a industria alimentaria e os consumidores. "

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.