| Amigos de la Tierra denuncia a fraude da avaliación científica dos transxénicos en España |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 14 Decembro 2010 14:20 |
|
A publicación das actas da Comisión Nacional de Bioseguridade pon de manifesto a falta de rigor e o nesgo a favor da industria.
"Durante anos a industria intentou construír o mito de que os transxénicos eran os alimentos máis seguros e avaliados da historia. Non obstante, unha análise demostra que esta afirmación é absolutamente falsa" afirmou David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra.
España é o único país da Unión Europea que permite o cultivo de transxénicos a grande escala, e apoia a súa postura nas decisións da CNB e do seu equivalente europeo, a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA polas súas siglas en inglés). Mentres, xa son 10 os países da UE que prohibiron o cultivo de millo transxénico, e outros cinco recorreron xudicialmente a aprobación do cultivo da pataca transxénica
Unha análise da composición e traballo destes organismos demostra que se caracterizan pola excesiva proximidade dos seus membros coa industria dos transxénicos que deben regular. No caso do organismo español, a CNB, a lectura das súas actas mostra a desidia e as chapuzas desta Comisión. Ninguén vixía, ninguén fai cumprir a lei e ademais:
"A nova ministra de Medio, Rosa Aguilar, debe abordar este tema de forma urxente. É imprescindible desmantelar a CNB e crear un comité científico transparente, independente e que abranga todos os impactos da liberación de transxénicos ao medio. Pero este debate non pode producirse na situación actual. O primeiro paso necesario é aplicar o principio de precaución e prohibir o cultivo de transxénicos en España, como xa fixeron as principais potencias agrícolas europeas" engadiu Sánchez.
Este informe e outros documentos de interese sobre transxénicos poden ser descargados dende a sección de documentación da web www.amigosdaterra.net |






