Portada NOVAS Este Nadal regala paseos, ceas ou entradas de cine, fuxe dos agasallos materiais
Este Nadal regala paseos, ceas ou entradas de cine, fuxe dos agasallos materiais
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 16 Decembro 2010 13:11
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Tarxeta_exencion

Amigos da Terra propón aos cidadáns/as que sexan un pouco máis conscientes nas festas do Nadal. Como consumidores/as, debemos botar unha man ao planeta, e levar a cabo, pequenas medidas que o transformarán nun Nadal máis responsable. Un bo exemplo é a nosa Tarxeta de Exención de Agasallo.

 

O Nadal é unha época de excesos na que nos volvemos tolos coa febre do consumismo. Os e as cidadás, lanzámonos as rúas a comprar desmesuradamente e dun xeito totalmente insostible tanto ambiental, como socialmente. Cada un de nós, no Nadal, consumimos e contaminamos máis do dobre que o resto do ano. Se o noso modelo de consumo, o dos países do Norte, se estendera ao resto do mundo, serían precisos 3 planetas, coas súas materias primas e as súas fontes enerxéticas para abastecernos.


E como planetas só temos un, dende Amigos da Terra, propoñemos que sexamos un pouco máis conscientes este Nadal. Amigos da Terra ofrece para isto a Tarxeta de Exención de Agasallo, unha tarxeta que cada un de nós pode asinar e na que se compromete a non recibir un agasallo material nestas datas. A cambio, enviará esta tarxeta a amigos, familiares ou coñecidos, co obxectivo de que estes, cambien o seu clásico agasallo material por algúns dos orixinais que propoñemos na tarxeta: un paseo nunha paraxe natural, unha boa cea, unha entrada para un espectáculo ou calquera outra suxestión que se nos ocorra. 

 

E se aínda así, decidimos que queremos facer un agasallo, non esquezamos unhas pequenas pautas que debemos de ter en conta:

 

  • Antes de comprar, pensa se a persoa o necesita.
  • Busca agasallos nos mercados de segunda man ou de troco, os rastros e as tendas de segunda man; así o teu agasallo será único e estarás reutilizando á vez.
  • Non compres árbores de Nadal. Unha casa nunca e o lugar axeitado para unha árbore. As podas brutais das súas raíces (para facilitar o seu transporte masivo) xunto as condicións nas que se manteñen nas festas (calefacción excesiva, cheos de adornos e luces que dificultan a súa respiración etc) fan que casi sempre resulte inviable a súa supervivencia máis alá das festas.Trátase ademais de especies foráneas que xeran problemas ecolóxicos ao introducilas nos nosos ecosistemas. As chamadas “plantas de Nadal” son tamén especies exóticas (orixinarias de México) potencialmente invasoras. Para quen insista nesta tradición (Noruega, por certo) do abeto de Nadal, pódese recorrer ás árbores artificiais, que aínda sendo xeralmente de plástico teñen maior durabilidade. Ademais, na actualidade existen no mercado árbores feitas de materiais reciclados.
  • Regala cestas de produtos locais e de agricultura ecolóxica, ou por exemplo cervexa ou viño  fabricado localmente ou ecolóxico. Estes produtos, ademais de ser máis sans, son ambientalmente máis sostibles, xa que na súa produción non se utilizan pesticidas nin fertilizantes naturais.
  • Invita a alguén a unha experiencia en vez de dar unha cousa. Algúns exemplos serían; entradas de teatro, para un concerto, ou quizais unha fin de semana nun balneario ou nunha casa rural.
  • Para as persoas que o teñen todo, poderías facelos doantes dunha organización que lles guste; deste xeito o teu agasallo beneficia a moitas persoas.
  • Compra en tendas de comercio xusto. Nelas atoparás produtos de países do Sur, elaborados en condicións laborais dignas e dun modelo de produción sostible.

E evita as bolsas de plástico nas túas compras. Leva da casa unha de tea, o cesto ou o carro da compra. Cada ano, consumimos cada un de nos 238 bolsas; a maioría son utilizadas durante uns 20 minutos antes de ser tiradas, e tardan máis de 100 anos en desaparecer.

 

E despois do Nadal....

 

Adoitamos a ter moitas cousas despois do Nadal, lembra que as cousas que xa non necesitas, poderían ser moi útiles, ata desexadas para outras persoas.


Dende Amigos da Terra, queremos felicitar o Nadal a todas as persoas e ao seu sentido común.


Bo Nadal Responsable!

 

Decálogo para un Nadal Reponsable!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.