Portada NOVAS Os cultivos transxénicos agonizan en Europa
Os cultivos transxénicos agonizan en Europa
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 22 Febreiro 2011 11:51
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

061223_millotranxenico

No mesmo día do lanzamento dun novo estudo sobre a comercialización de transxénicos a escala mundial patrocinado pola industria, un novo informe de Amigos de la Tierra Internacional revela que os cultivos transxénicos en Europa seguen caendo en picado, ao tempo que aumentan o número de países que os prohiben.



O informe "¿Quién se beneficia dos cultivos transxénicos?" demostra que apenas no 0,06% dos campos europeos se cultivan con transxénicos, un descenso do 23% dende 2008. Sete Estados membro da UE prohiben o cultivo do millo transxénico de Monsanto polas cada vez maiores evidencias sobre os seus impactos ambientais e socioeconómicos, así como sobre as súas incertezas na saúde. Tres países prohibiron o cultivo da pataca transxénica de BASF por precaucións sanitarias inmediatamente despois de ser aprobado o seu cultivo na primavera de 2010, e cinco Estados membro levaron á Comisión Europea ante os tribunais pola súa autorización. A oposición pública aos alimentos e cultivos transxénicos incrementouse ata o 61%.

 

David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos de la Tierra España afirmou: "Os cultivos transxénicos non teñen ningún futuro en Europa, pola forte oposición social, os seus demostrados impactos ambientais, sociais e económicos, e polos riscos que formulan sobre a saúde. É lamentable que o Goberno español siga sen decatarse e xogue co noso medio, a nosa alimentación e co futuro da nosa agricultura. "

 

A escala global, o novo informe mostra que mesmo os países que máis apostaron polos cultivos transxénicos en América Latina se viron forzados a tomar pasos para mitigar os seus impactos negativos sobre a agricultura, a cidadanía e o medio. Neste sentido, o Goberno brasileiro lanzou un programa de soia libre de transxénicos para facilitar aos agricultores o acceso a sementes de soia non modificadas xeneticamente; en Arxentina, novas evidencias científicas mostran os graves impactos sobre a saúde do herbicida Glifosato, utilizado na inmensa maioría dos cultivos transxénicos a nivel mundial, o que conduciu á prohibición da fumigación preto dos núcleos de poboación, e en Uruguai, cada vez son máis as administracións locais que se declaran libres de transxénicos.

 

A coordinadora de Soberanía Alimentaria de Amigos de la Tierra Internacional, Kirtana Chandrasekaran engadiu: "Os agricultores e a sociedade latinoamericana sofren as consecuencias de dez anos de cultivos transxénicos con graves implicacións sanitarias e custos crecentes. Os mitos sobre os que se asenta a industria dos transxénicos estanse a derrubar e os estragos causados por toda Sudamérica mostran claramente que esta tecnoloxía non serve. Trátase dunha chamada de atención a nivel global para avanzar cara a unha agricultura máis ambiental e socialmente responsable".

 

O informe "¿Quién se  Beneficia de los Cultivos Transgénicos? Unha industria baseada en mitos" demostra á súa vez que:

  • Unha nova xeración de cultivos transxénicos deseñados para promover o uso de perigosos pesticidas como Dicamba e o 2-4 D están listos para a súa liberación en EEUU. As multinacionais biotecnolóxicas estanos a promover como a solución ao fracaso dos transxénicos actuais para controlar as malas herbas e reducir o uso de pesticidas.

 

  • A industria dos transxénicos, co apoio do Goberno de EEUU, buscan novos mercados en África nun intento de subir a súa cota de negocio. A Fundación Gates, que inviste miles de millóns de dólares en proxectos agrícolas en África comprou accións de Monsanto, manifestando o seu interese directo en maximizar os beneficios da industria dos transxénicos e non en protexer os intereses do pequeno campesiñado africano.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.