Portada NOVAS Comeza a terceira semana estatal de loita contra os transxénicos
Comeza a terceira semana estatal de loita contra os transxénicos
Escrito por Montse Fernández   
Sábado, 09 Abril 2011 08:26
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Campo_maiz_transAmigos de la Tierra publica hoxe un novo informe que revela os custos ocultos do cultivo de transxénicos, que están a ser asumidos de forma inxusta polos sectores convencional e ecolóxico. Os custos que implica manter a separación dos cultivos transxénicos dos convencionais e ecolóxicos son moito máis altos do que se pensaba nun principio, e poden contribuír ao aumento do prezo dos alimentos. Esta publicación coincide co comezo da terceira semana estatal de loita contra os transxénicos en España, con decenas de actividades e accións reivindicativas por todo o territorio.

 

A nivel europeo estase a valorar como incluír os impactos socioeconómicos na avaliación dos cultivos transxénicos. E resulta fundamental que a experiencia de España, único país da UE que os cultiva a grande escala, sexa considerada. A desaparición do cultivo de millo ecolóxico, a contaminación de colleitas de millo convencional e ecolóxico, a contaminación dos pensos, a perda de mercados ou a contaminación xeneralizada dos alimentos á venda son parte dos resultados de 12 anos de cultivos transxénicos en España.

 

"A situación dos transxénicos só favorece ás empresas que os comercializan. Quen non os cultiva debe carrexar os custos de evitar a contaminación e os danos en caso de que esta se produza. Mentres a industria se lucra, quen paga estes custos somos os contribuíntes, os consumidores e os agricultores" afirmou David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra.

 

A política europea parte do principio de que aqueles que queren permanecer libres de transxénicos deben pagar por todas as medidas para conseguilo. Investigacións oficiais da UE conclúen que a segregación dos cultivos transxénicos do resto poden incrementar os custos ata un 13%, pero as cifras reais son moito maiores. A nova investigación de Amigos de la Tierra mostra que existen importantes custos engadidos pola separación destas colleitas, que non se tiveron en conta nas investigacións da UE. Os custos que supón esta segregación, incluíndo vixilancia e análise, superan claramente calquera estimación de potenciais beneficios polo uso destes cultivos.

 

Como resposta a esta situación, o luns arranca a Terceira Semana de Loita contra os Transxénicos con decenas de actos informativos, accións de protesta e mobilizacións por todo o país, para seguir denunciando que España é a porta de entrada dos transxénicos en Europa e o campo experimental das multinacionais do sector. A situación é insostible, e requírense cambios profundos que impliquen a prohibición do cultivo de transxénicos en España.

 

"Polas súas declaracións, Rosa Aguilar parece ser consciente desta situación, pero non tomou nin unha soa iniciativa para cambiala. A elección é sinxela, defender os dereitos dos consumidores, contribuíntes e agricultores, ou continuar priorizando os beneficios dunhas poucas multinacionais como a súa antecesora" engadiu Sánchez.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.