Portada NOVAS A Plataforma Galega Antitransxénicos presenta denuncia ante a Fiscalia de Medio Ambiente
A Plataforma Galega Antitransxénicos presenta denuncia ante a Fiscalia de Medio Ambiente
Escrito por Angel Dorrio   
Venres, 15 Abril 2011 09:49
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Campo_maiz_trans

 

Na III Semana Estatal de Loita contra os Transxénicos, a Plataforma Galega Antitransxénicos presenta denuncia ante a Fiscalia de Medio Ambiente por posible delito ecolóxico

 

Frente á defensa dos intereses das multinacionais que segue a representar o Goberno Central, organizacións da sociedade civil, labregos/as, ecoloxistas, consumidores/as; participan activamente dende o pasdo 12 de abril na Terceira Semana Estatal de Loita contra os Transxénicos, mostrando un ano máis o seu rexeitamento aos Organismos Modificados Xeneticamente (OMX).

 

Dentro das accións previstas, a Plataforma Galega Antitransxénicos presentará hoxe denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente, en Santiago de Compostela, alertando da falta de transparencia das distintas administracións competentes na aplicación do regulamento dos cultivos transxénicos. No escrito tamén se denuncia a falta de inspeccións e controis administrativos obrigatorios que garantan o cumprimento de todas as medidas de bioseguridade nos campos galegos con cultivos transxénicos.

 

A liberación de especies de flora non autóctona como os transxénicos pode constituir un delito ecolóxico, xa que con dita liberación estamos introducindo no medio natural galego especies que prexudican o equilibrio biolóxico contravindo leis protectoras de flora e modificando a zona onde se cultivan.

 

O ano pasado a multinacional Pionner solicitou experimentar con millo transxénico en Galicia (no Concello de Mesía, A Coruña) [2]. A pesar da oposición frontal mostrada pola sociedade asi coma pola propia Xunta de Galicia, que chegou a alegar que "a parcela elexida no cumple coas medidas de seguridade esixidas para levar a cabo ensaios con millos modificados xeneticamente" [1], e alertar do perigo da contaminación de variedades locais de millo; o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino autorizou o ensaio.


Gracias ao seguemento feito pola PGA, puidose comprobar que o campo fora destruído antes de que o ensaio finalizara; non obtendo ate o día de hoxe, ningunha resposta pública ás demandas de información sobre o que sucedeu con este experimento transxénico.

 

O periodo de presentación de solicitudes por parte das multinacionais aínda está aberto. Ate o momento, non hai rexistradas solicitudes de campos experimentais con transxénicos para Galicia.

 

A Plataforma Galega Antitransxénicos ten entre os seus obxectivos dar cabida a todos aqueles colectivos e cidadáns que demandan unha información ambiental á que teñen dereito e que non lles está sendo proporcionada pola Administración, o que os deixa ante unha total desprotección xurídica. Por iso a PGA, desde o seu nacemento, ven celebrando reunións e comunicacións con Administracións, tanto a nivel autonómico como estatal, para adquirir un compromiso que chegue ao bloqueo das autorizacións que permiten o cultivo de transxénicos e a comercialización dos mesmos sen identificación.

 

Podes consultar a:
Denuncia presentada na Fiscalía de Medio Ambiente de Santiago de Compostela.

 

[1] Acta da Comisión Nacional de Bioseguridad Nº 78, punto 5

 

[2] O Concello de Mesía declarouse por unanimidade "Zona Libre de Transxénicos". Con este Concello son xa 20 os que se declararon coma libres de transxénicos: Lalín, O Grove, Silleda, Forcarei, Salceda de Caselas, Gondomar, A Estrada (Pontevedra), Irixo, Verin, Ribadavia, Allariz (Ourense), Chantada, Riotorto (Lugo), Val do Dubra, Ames, Negreira, Teo, Mesía, Zas, Laxe (Coruña)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.