Portada NOVAS Amigos de la Tierra publica a localización dos experimentos con transxénicos ao aire libre no 2011
Amigos de la Tierra publica a localización dos experimentos con transxénicos ao aire libre no 2011
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 05 Maio 2011 10:59
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091119_maizmonAmigos de la Tierra publica a localización exacta dos campos transxénicos experimentais que se solicitaron en España en 2011. Esta información, encuberta polo Goberno ata unha sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza, foi publicada por primeira vez en 2010 e supuxo unha redución nos experimentos realizados polas multinacionais en España. En 2011, unha empresa italiana solicitou autorización para cultivar arroz transxénico con xenes humanos en Vinaròs, Castellón.

 

España acolleu o 42% de todos os experimentos con transxénicos ao aire libre que se realizaron na Unión Europea nos últimos anos, unha actividade con elevados riscos ambientais e sanitarios. A ocultación da súa localización exacta por parte do Goberno converteu a España no campo de experimentación das multinacionais do sector. Mentres o resto de países europeos publicaban esta información en páxinas web oficiais, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) resistiuse a facilitar estes datos ata logo da sentenza.

 

David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra afirmou: "O acceso público a esta información é un claro avance na transparencia sobre transxénicos. A posibilidade de que veciños e agricultores poidan protexerse da contaminación e exercer certo control social sobre as medidas de seguridade que deben adoptar estes campos é fundamental. Especialmente tendo en conta a falta de control por parte das administracións públicas".

 

O MARM foi incapaz de responder ás demandas de Amigos de la Tierra sobre as probas de control destes ensaios experimentais, e ata recoñeceu na última reunión do Comité de Participación sobre transxénicos que non se estuda a contaminación nas parcelas contiguas. A lectura das actas da Comisión Nacional de Bioseguridade demostran a grave falta de control sobre estes experimentos.

 

Existen xa varios casos de cultivos transxénicos experimentais que terminaron contaminando a cadea alimentaria a escala mundial. "Liberar transxénicos ao medio ambiente é un risco que non podemos asumir. Se non pomos freo, as multinacionais seguirán utilizando a España como campo de experimentación", engadiu Sánchez.

 

En 2011, Transactiva, unha empresa Italiana, solicitou permiso para cultivar ao aire libre un arroz con xenes humanos en Castellón. O obxectivo é obter unhas encimas para o tratamento da enfermidade de Gaucher.

 

"A produción de encimas para o tratamento desta enfermidade realízase en cantidades suficientes en ambientes confinados, evitando riscos para o medio ambiente e a saúde. Obter estas encimas a partir de plantas pode producir reaccións alérxicas nos pacientes, e os riscos se este arroz contamina cultivos alimentarios son demasiado elevados. O Ministerio debe rexeitar este experimento, xa que o seu obxectivo é puramente comercial, e expón un risco inaceptable para a saúde pública", declarou o responsable de agricultura e alimentación de Amigos de la Tierra.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #2 Analía 06/05/2011 09:20
Bon, case os mesmos... sen perder de vista a dramática situaciación a nivel estatal, eu estou contenta de que Galicia non estea este ano na listaxe. Creo que a presión social exercida dende a Asociación e dende a Plataforma Galega Antitransxénicos, non foi en balde.

Cada día hai máis concellos declarados Zonas Libres de Transxénicos. Os últimos: Cabana, A Baña, Muxía e o mes pasado Nigrán.
Citar
 
 
+2 #1 ANA 06/05/2011 08:14
curiosamente saen os mesmos nomes sempre...

Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.