Portada NOVAS A Fiscalía practicará dilixencias preprocesais para indagar os rebrotes de cultivos transxénicos
A Fiscalía practicará dilixencias preprocesais para indagar os rebrotes de cultivos transxénicos
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 08 Xuño 2011 13:13
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

mesia_rebrotes_p

 

A Fiscalía galega de Medio Ambiente admite parcialmente a denuncia que o pasado mes de abril presentou a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), xa que vai practicar dilixencias preprocesais baseadas no requirimento de documentación e datos a distintas administracións galegas sobre as actuacións levadas a cabo na localidade coruñesa de Mesía.


 

A PGA tramitou unha denuncia ante a Fiscalía sita en Santiago de Compostela, pola presenza do crecemento de rebrotes dos cultivos modificados xeneticamente nunha parcela da localidade coruñesa de Mesía. A finca que noutro tempo fora autorizada para experimentar con diferentes variedades de millo modificado xeneticamente, foi cualificada como non apta para a recolleita do millo e determinouse levantar o ensaio de forma prematura.

 

Os cultivos de ensaios transxénicos descualificados en determinadas parcelas, e segundo establece a normativa, deberán ser obxecto de inspeccións e controis que garantan o cumprimento de todas as medidas de bioseguridade, polo que a parcela onde se produciu a liberación debera visitarse polo menos durante o ano seguinte para asegurar a retirada das “plantas adventicias” e garantir a súa destrución antes da floración.

 

Perante esta situación de ameaza para a saúde humana e para o medio ambiente, a PGA dirixiuse á citada Fiscalía solicitando unha investigación e a execución das acción xudiciais ou administrativas que sexan procedentes.

 

A Fiscalía, pola súa parte, require datos e documentación á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural, á Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e á Subdelegación do goberno na Coruña.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.