Portada NOVAS Amigos da Terra participa no Curso sobre Soberanía Alimentaria
Amigos da Terra participa no Curso sobre Soberanía Alimentaria
Escrito por Analía Moares   
Mércores, 26 Outubro 2011 11:50
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Hoxe máis de 1.400 millóns de persoas viven en situación de pobreza extrema e case 1.000 millón sofren fame. O 2011 pasará tristemente á historia como ano no que se declarou a primeira gran crise de fame do século XXI, que hoxe afecta a 11 millóns de persoas no Corno de África.

Queres entender por que?

Os días 7, 8 e 9 de novembro terán lugar as xornadas 'Dereito á alimentación e soberanía alimentaria', unha formación organizada pola Coordinadora Galega de ONGD que contará coa participación de persoas expertas como Gustavo Duch e Esther Vivas e Patricia Dopazo.

soberania-alimentaria_01

Esther Vivas, activista altermundista, representante de Izquierda Anticapitalista , é membro do Centro de Estudos sobre movementos sociais da Universidade Pompeu Fabra e colaboradora da Universidade Autónoma de Barcelona. É autora de libros como Del Campo al Plato ou Resistencias Globales. De Seattle a la crisis de Wall Street, entre outros.

 

Patricia Dopazo, Máster en Agroecoloxía polo ISEC, coordinadora da área de soberanía alimentaria de ACSUD Las Segovias . Colabora na revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas e é experta en circuitos curtos de consumo.

 

Gustavo Duch, colaborador de movementos e campañas sobre Soberanía Alimentaria dos Pobos, é un dos fundadores de Veterinarios sen Fronteiras e autor de libros como Lo que hay que tragar ou Alimentos Bajo Sospecha. Colabora habitualmente en El Periódico de Catalunya, Público e El Correo Vasco.


Ademáis celebrarase unha
mesa redonda coa presencia de colectivos e plataformas que traballan no ámbito da soberanía alimentaria dende Galicia como:

  • Sindicato Labrego Galego (Carme Friere)
  • Plataforma Galega Antitransxéncios (Amigos da Terra)
  • Redes de Consumo (A Cova da Terra).
  • Comisión de Comercio Xusto (Coordinadora Galega de ONGD)

Inscríbete gratis ao curso e accede a máis información sobre os relatores e o programa pinchando aquí.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.