Portada NOVAS Os programas electorais esquécense da agricultura
Os programas electorais esquécense da agricultura
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 07 Novembro 2011 20:59
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

agricultura_610

Amigos de la Tierra analiza las propuestas sobre agricultura de los partidos de cara al 20-N.

A agricultura é un sector clave desde o punto de vista económico, social e ambiental. Garante a produción de alimentos e vertebra o medio rural, que supón un 90% do territorio e é onde vive o 25% da poboación.

 

Con todo, os partidos políticos, especialmente PP e PSOE, practicamente non expoñen propostas, nin se sitúan ante os principais retos que este sector afrontará na próxima lexislatura: reforma da PAC, transxénicos, exceso de poder por parte da gran distribución ou a alta taxa de abandono da actividade agraria, entre outros.

 

"Resulta moi preocupante ver como ningún dos grandes partidos ten unha visión clara de cara a onde debe ir a agricultura española ou por que modelo apostar, non achegan practicamente propostas. A agricultura é un sector con moitos problemas e desafíos que afrontar, pero tamén é un recurso fundamental para saír da crise se se adoptan as políticas públicas adecuadas. Estamos a falar de alimentación, de conservación da biodiversidade, de emprego... Pero segue sendo un sector ignorado no debate político" afirmou David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos de la Tierra.

 

A situación de abandono e despoboamento do medio rural é alarmante. Nos últimos 40 anos a poboación dos municipios españois de menos de 10.000 habitantes pasou de ser o 57% da poboación española a tan só un 25%. Os datos de diminución da poboación activa dedicada á agricultura resultan tamén moi reveladores: entre 1992 e 2008 a poboación economicamente activa aumentou un 35% en España; con todo no mesmo período a poboación economicamente activa en agricultura diminuíu un 38%. Tan só entre 2003 e 2008, perdéronse 124.000 empregos no campo. Na situación de crise que vivimos resulta crucial que o próximo goberno adopte as medidas oportunas para reverter este proceso e promova que o sector agrario desenvolver todo o seu potencial de creación de emprego e de dinamización económica no medio rural.

 

Amigos de la Tierra analiza as propostas dos partidos tomando algúns indicadores que axudarían a fomentar un modelo de agricultura social e sustentable no marco da soberanía alimentaria.

 

- Postura fronte á reforma da Política Agraria Común (PAC)


PP, PSOE e PNV non expoñen ningunha medida concreta sobre a política que vai rexer a agricultura e alimentación en Europa até 2020. Só CIU, EU ou UPD detallan as súas propostas.

 

- Transxénicos


Un dos temas máis polémicos en materia ambiental e agrícola, e do que non din nada no seu programa electoral PSOE, PP, CIU nin UPyD. EU e EQUO apostan pola prohibición do seu cultivo, mentres que ERC solicita unha moratoria para o seu uso en alimentos infantís.

 

- Agricultura ecolóxica


Nin PP nin PSOE mencionan no seu programa medidas de apoio ao modelo agrario máis dinámico e con máis crecemento en España, tanto en superficie, como en creación de emprego. UPyD prefire apostar pola produción integrada. EU promete apoiar e fomentar o sector, mentres que EQUO expón unha lexislación específica.

 

"Os datos mostran que unha aposta por un modelo de agricultura a pequena escala, con prácticas agroecológicas e dirixido ao mercado local, xera emprego e tecido social no medio rural, así como beneficios ambientais e de xestión do territorio, ademais da satisfacción cada vez maior da demanda de alimentos sans e de calidade. Cos datos de paro e a urxente necesidade de cambiar o modelo produtivo, ignorar a agricultura é un erro estratéxico demasiado grave" engadiu Sánchez.

 

Podes ver o documento completo seguindo esta ligazón >>>

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.