Portada NOVAS Amigos de la Tierra promove a alimentación local e ecolóxica en centros escolares
Amigos de la Tierra promove a alimentación local e ecolóxica en centros escolares
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 17 Novembro 2011 14:06
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

agricultura_611

 

A alimentación nos comedores escolares tende cada vez máis cara a un modelo industrial, cunha maioritaria presenza de empresas de catering. A xestión da comida concéntrase e prepárase de forma masiva en cociñas centrais, baixo criterios económicos máis que dietéticos ou de saúde, cun grande impacto sobre a agricultura, o desenvolvemento rural e o medio.

 

Fronte a este modelo, e nunha aposta por un mundo rural vivo baseado nunha agricultura sostible e unha alimentación sa, Amigos de la Tierra promove xunto a agricultores e agriculturas a introdución de alimentos locais e ecolóxicos en colexios de Huelva, Sevilla, Pontevedra, Madrid, Eivissa e Mallorca.

 

As comidas que realizamos fóra de casa multiplícanse, e os comedores colectivos teñen un papel cada vez máis importante na nosa dieta e a nosa saúde, ademais de maior influencia sobre o medio e o modelo de agricultura e desenvolvemento rural que se promove dende os comedores. Este dato é especialmente relevante no caso dos comedores escolares, unha idade na que alimentación é fundamental. Na actualidade a xestión destes comedores por parte de caterings e empresas de servizo externo vai en aumento, dentro dun modelo onde priman os criterios económicos e, polo tanto, a redución de custos, por enriba de criterios ambientais, sociais ou de saúde.

 

Branca G. Ruibal, da área de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra, afirmou: "Resulta moi preocupante que a xestión dos comedores escolares reproduza os principais problemas do modelo agrario industrial, con cada vez maior distancia entre o produtor de alimentos e o consumidor final. As consideracións ambientais, a saúde e os campesiños e campesiñas quedan fóra deste modelo".

 

A situación da agricultura e o medio rural no Estado Español é dramática, malia que supón o 90% do territorio e o 25% da poboación. O poder da gran distribución é un dos factores clave que está a conducir á desaparición de pequenas explotacións agrarias. Tan só entre 2003 e 2008 perdéronse 124.000 empregos no campo.

 

Co obxectivo de transformar esta realidade, apostar por un mundo rural vivo no marco dunha agricultura sostible e promover unha alimentación ecolóxica e local para a infancia, dende os grupos locais de Amigos da Terra estase a traballar para introducir esta alimentación nos comedores de colexios de Sevilla, Huelva, Mallorca, Eivissa, Pontevedra e Madrid.

 

"Se os comedores escolares adquiren os produtos aos campesiños e campesiñas próximas, estamos a conseguir alimentos máis saudables e dun menor impacto ambiental, ao tempo que os agricultores da zona teñen novas oportunidades para comercializar os seus produtos. Traballamos tamén xunto aos produtores, pais, nais, alumnado, persoal de cociña e profesorado para sensibilizar sobre a relación entre alimentación e medio, e a importancia de fomentar a agricultura local. A comunidade escolar é un bo exemplo de como se pode construír soberanía alimentaria a nivel local, promovendo o emprego e a agricultura sostible no medio rural" engadiu Blanca G. Ruibal.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.