| Multinacionais e fondos de investimento acaparan o negocio dos comedores escolares |
| Escrito por Maria Durán |
| Martes, 20 Decembro 2011 12:57 |
|
Cada vez realizamos máis comidas fóra de casa, a alimentación frae do fogar nun negocio en alza e sectores tan sensibles como a alimentación escolar empezan a ser controlados por fondos de investimento e grandes multinacionais. Este modelo inflúe decisivamente sobre a nosa dieta e a nosa saúde, pero tamén sobre o medio ambiente, o modelo de agricultura e o desenvolvemento rural. Amigos da Terra publica hoxe un novo informe que analiza a situación dos comedores colectivos no Estado Español, os seus impactos e alternativas. Segundo os datos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño recollidos no informe "A Soberanía Alimentaria nas mesas do colexio" [1] no ano 2009, gastáronse un total de 2.599 millóns de euros en comedores colectivos (escolas, residencias, hospitais, fábricas etc.), o que converte a este sector nun suculento negocio no que a saúde dos comensais e o medio rural están en xogo. Tradicionalmente, as empresas de restauración adicadas aos sectores de colectividades eran na súa maior parte pequenas empresas familiares, onde a produción e xestión dos alimentos eran caseiras. Alentadas polos modelos de xestión que promoven as administracións, e nos que priman os criterios económicos e, por tanto, a redución de custos, por encima de criterios ambientais, sociais ou de saúde, durante os últimos anos son as grandes empresas quen monopolizan este servizo. Dez empresas copan máis da metade do mercado total, con dous delas acaparando o 21%. O ranking está encabezado por Serunión - Elior Serunion, unha empresa española, filial do grupo internacional Elior, o terceiro grupo de restauración colectiva de Europa. Esta empresa cociña para 314.000 persoas cada día en 15 cociñas centrais de todo o Estado, e, entre outros clientes, Serunión serve as súas comidas a 2.000 colexios de toda España. Na lista das principais empresas sorprende atopar no posto número 7 á multinacional ISS Facility Services, pertencente a Goldman & Sachs que proporciona ata 22 millóns de menús ao ano principalmente no sector da xeriatría, a saúde e a educación. Branca G. Ruibal, técnica da área de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra, afirma: "O monopolio da xestión dos comedores escolares por parte de grandes empresas resulta moi preocupante, xa que reproduce os principais problemas do modelo de agricultura industrial. Cada vez hai maior distancia entre o produtor de alimentos e o consumidor final, e os impactos ambientais, a saúde das familias e o futuro dos campesiños e campesiñas locais quedan fóra deste modelo". O panorama da restauración colectiva acentúa a xa dramática situación da agricultura de pequena escala e o medio rural español. O poder da gran distribución é un dos factores crave que está conducindo á desaparición de pequenas explotacións agrarias. Tan só entre 2003 e 2008 perdéronse 124.000 empregos no campo [2], mentres que nun sector tan importante como o dos comedores colectivos só o 2,8% das compras fanse na contorna local ou directamente ás persoas que producen os alimentos. O sector podería ser unha oportunidade crave de desenvolvemento rural, de creación de emprego e de mellora das rendas dos campesiños e campesiñas, con todo son unha vez máis as grandes empresas quen se están quedando os beneficios. Amigos da Terra tamén analiza neste novo informe as alternativas a este modelo, recollendo as numerosas experiencias en todo o Estado Español que promoven unha xestión dos comedores baseada en criterios sociais e ambientais. Entre elas, Amigos da Terra, xunto con agricultoras e agricultores, promove a introdución de alimentos locais e ecolóxicos en centros escolares de Andalucía, Madrid, Galicia, Mallorca e Eivissa. "Se os comedores escolares adquiren os produtos aos campesiños e campesiñas próximas, estamos conseguindo alimentos máis saudables e dun menor impacto ambiental, á vez que os agricultores da zona teñen novas oportunidades para comercializar os seus produtos. A comunidade escolar é un bo exemplo de como se pode construír soberanía alimentaria a nivel local, promovendo o emprego e a agricultura sostible no medio rural" engadiu Blanca Ruibal. Notas [1] Informe la Soberanía Alimentaria en las mesas del colegio: http://www.tierra.org/spip/IMG/pdf/soberania_alimentaria_cole.pdf [2] http://www.coag.org/rep_ficheros_web/22e35e9fad2c0f566a53a823bfb471e0.pdf . |

Amigos da Terra publica un



