Portada NOVAS Agareso visita os proxectos de pesca sostible de Amigos da Terra
Agareso visita os proxectos de pesca sostible de Amigos da Terra
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 16 Setembro 2009 13:51
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

jiotesAmigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) a través dun convenio de colaboración comezan un proxecto de sensibilización que permitirá dar a coñecer o traballo que se leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible. O primeiro paso dará hoxe mércores ca viaxe de cinco reporteiros rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que Amigos da Terra está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten o Golfo de Fonseca, un ecosistema moi importante e moi rico en diversidade biolóxica mariña - costeira.

 

O obxectivo desta colaboración é sensibilizar á poboación galega e difundir o traballo que Amigos da Terra está a realizar en cooperación ao desenvolvemento con enfoque ambiental no Golfo de Fonseca, sempre coa premisa de que a xestión integrada do medio ambiente é a clave para poder erradicar a pobreza no mundo.

 

Para levar a cabo este cometido, os reporteiros de Agareso entrevistaranse cas cooperativas de pescadores artesanais, institucións locais, cooperativas de mulleres e as nosas contrapartes, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

 

Os resultados presentarase posteriormente a diferentes sectores sociais, entre eles o sector pesqueiro galego co obxectivo de sensibilizalo sobre a necesidade de garantir o futuro deste sector en Galicia con actitudes responsables.

 

A colaboración cunha asociación de reporteiros marca un precedente, xa que a partires de agora poderemos garantir que os temas relacionados coa cooperación ao desenvolvemento e a solidariedade teñan o espazo que se merecen nos medios de comunicación de xeito que a poboación galega coñeza en que estanse investindo o diñeiro e que logros estanse acadando.

 

Se queredes estar informados sobre este proxecto podedes facelo a través do enlace que teremos na nosa páxina web ou no blogue que Agareso terá na súa.

 

E para que coñezades un pouco máis sobre o nacemento desta colaboración, aquí tedes a entrevista que lle fixemos a unha das reporteiras solidarias que viaxan ao Golfo.

 

Estrella López ( coordinadora do proxecto)

 

P- Como xorde a colaboración entre Amigos da Terra e Agareso?

R- Agareso nace en 2008 como unha organización solidaria para visibilizar e dar a coñecer a labor que están a desenrolar diversas ONGs galegas tanto na comunidade autonóma como fora, así como para denunciar as situacións de problemática social que se están a producir en Galicia e nos países do Terceiro Mundo onde traballa a cooperación galega. Neste sentido, a organización de xornalistas contactou con Amigos da Terra para coñecer as súas actividades no exterior o que permitiu que xurdira unha colaboración que frutificou a través do viaxe que se está a realizar nestes intres ó Golfo de Fonseca.

 

P- Cal é o principal obxectivo desta viaxe?

R- O noso obxectivo principal é dar a coñecer a labor que Amigos da Terra está a realizar, con axuda da Xunta de Galicia, no Golfo de Fonseca (é dicir, no Salvador, en Honduras e Nicaragua) onde se está a traballar para que os pescadores, as comunidades sociais e os grupos de mulleres poidan mellorala súa calidade de vida a través da formación profesional e da educación medioambiental.

 

 

090916_reporteros

Os cinco reporteros que viaxan ao Golfo de Fonseca

 

 

P- Que pretendedes mostrar á sociedade con este tipo de colaboracións?

R- Que outra forma de vida é posible. Que a colaboración entre sociedades permite que o desenrolo de ambas e, sobre todo, que con cooperación, formación e solidariedade se pode conseguir que un grupo humano mellore su situación, coide o medio ambiente e protexa a súas costumes e formas de vida.

 

P- En que vai consistir o voso traballo no Golfo de Fonseca?

R- A verdade é que vai ser un traballo moi completo, ou polo menos iso agardamos, xa que imos a desenrolar un documental sobre as comunidades de pescadores, sobre cómo se está a aproveitalo traballo no mar e sobre cómo conseguiron coordinarse para poder por en marcha cooperativas. Ademais, faremos entrevistas radiofónicas e reportaxes que colgaremos na páxina web de Agareso e tamén na propia de Amigos da Terra. A maiores, completarase o proxecto coa toma de imaxes fotográficas coas que poder montar posteriormente unha exposición.

 

P- Cantos profesionais conforman o equipo que viaxará ao Golfo?

R- O grupo está conformado por un fotógrafo, duas redactoras, un operador de cámara e unha xornalista audiovisual.

 

P- Supoño que a motivación persoal é moi importante para embarcarse en proxectos deste tipo, no teu caso particular, que te move a facer xornalismo social?

R- A motivación persoal nesta profesión sempre é importante aínda que polas necesidades de empresa en moitas ocasións a rutina convértese no pan noso de cada día. Traballar no eido do xornalismo social permítenos a todos os que compartimos este proxecto dar un paso máis cara a unha profundización nos valores da nosa profesión. Moitos dos que estudamos xornalismo temos a idea, nun principio, de traballar para contar a verdade, para axudar a sociedade, pero logo, a realidade ábrete os ollos. As necesidades de empresa, os contratos publicitarios e a precariedade laboral acaba por impedir que os teus soños se convertan en realidade. Deste xeito, poder contactar con persoas que traballan polos demais, que están a cambiar a sociedade na que se atopan e contárllelo logo os galegos fai que a palabra xornalismo gañe en sentido e recupere tódolo seu valor.

 

P- Consideras que a cooperación ao desenvolvemento conseguirá algún día o espazo que merece nos medios de comunicación, deixando de lado a imaxe tremendista que se mostra para chamar a atención?

R- A verdade é que é difícil crer que as coidas poidan cambiar nunha sociedade onde a noticia de maior calado social ten a Belén Esteban como protagonista. Pero o certo é que se ninguén traballa para que as cousas cambien no cambiarán nunca. A visión sensacionalista das novas ten un único obxectivo: vender máis ou atraer ao maior número de telespectadores posibles. Os cartos moven a roda dos medios de comunicación e é unha situación complexa que tardará moito en cambiar. Pero hai que intentalo.

 

 

 

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.