Portada NOVAS Periodismo comprometido ante a adversidade
Periodismo comprometido ante a adversidade
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 30 Setembro 2009 11:35
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

090930_roldaadteagareso

Amigos da Terra e Agareso presentaron hoxe en rolda de prensa a experiencia vivida no Golfo de Fonseca polos cinco reporteiros galegos (Estrella López, Carlos Puga, Eva Alonso, Laura López y Cristóbal Martín), que o pasado 16 de setembro viaxaron rumbo a Centroamérica para visitar os proxectos que Amigos da Terra está levando a cabo en Nicaragua, Honduras e O Salvador.

 

Durante doce días, os compoñentes desta asociación tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables da empresa galega Calvo (que conta con instalacións en O Salvador,), institucións locais, cooperativas de mulleres e as nosas contrapartes, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

 

“En todas las poblaciones que visitamos la palabra gracias, en relación a la cooperación gallega, era una constante en boca de los representantes de las asociaciones y cooperativas puestas en marcha para mejorar la calidad de vida de estas personas” comenta Eva Alonso.

 

Non obstante, a viaxe non estivo exenta de incidentes. A difícil situación política de Honduras, tras a repentina chegada a Tegucigalpa do presidente deposto Manuel Zelaya, supuxo un varapalo para os reporteiros, que viron, por momentos, frustrada a súa entrada ao país centroamericano debido ao peche de fronteiras, o que os obrigou a modificar toda a súa axenda de traballo á espera de novas noticias. Finalmente, tras case dous días no departamento fronteirizo de Chinandega, en Nicaragua, os cinco reporteiros puideron entrar en Honduras e rematar o seu traballo no Golfo de Fonseca.

 

O obxectivo deste convenio de colaboración entre ambas asociacións é sensibilizar á poboación galega e difundir o traballo que Amigos da Terra está a realizar en cooperación ao desenvolvemento con enfoque ambiental no Golfo de Fonseca, sempre coa premisa de que a xestión integrada do medio ambiente é a clave para poder erradicar a pobreza no mundo.

 

 

090930_radioalsines

 

Segundo Estrella López, “hemos observado, con gran alegría, que la conciencia medioambiental ha comenzado a formar parte de su vida. Un paso adelante vital para mantener y proteger este riquísimo e impresionante ecosistema”.

 

O traballo completarase posteriormente con charlas itinerantes en toda Galicia nas que se presentará un documental sobre a vida das comunidades de pescadores do Golfo, ademais dunha exposición fotográfica sobre a viaxe. Entre os sectores aos que se presentará o documental, atópase o sector pesqueiro galego, co obxectivo de sensibilizalo sobre a necesidade de garantir o futuro deste sector en Galicia con actitudes responsables.

 

Para Judith Sing, responsable de cooperación de Amigos da Terra “esta colaboración marca un precedente xa que por fin a cooperación terá o espazo que se merece nos medios de comunicación e a poboación galega poderá coñecer de primeira man o alcance que teñen os fondos investidos en cooperación ao desenvolvemento".

 

Máis información

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.