| Amigos da Terra participa na Casa Solidaria |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Luns, 07 Decembro 2009 18:47 |
|
Amigos da Terra participará dentro da iniciativa Casa Solidaria que a Casa da Xuventude de Ourense vai celebrar dende o 9 ao 18 de decembro e na que se amosan a labor de dez ONG e asociacións ourensáns co obxectivo común sensibilizar e promover na poboación de Ourense a Solidariedade. Este ano Amigos da Terra participará cunha exposición de fotos ‘Olladas desde o Golfo de Fonseca’, na que se poderán observar as accións que se desenvolven desde Amigos da Terra para actuar directamente sobre o sector pesqueiro de centroamerica. Esta exposición poderá visitarse nos locais do Centro Social A Esmorga na Rúa Telleira (zona universitaria) a partir do día 09 e ata 18 de decembro.
Por outra banda o xoves día 10 de decembro as 19:00 horas na sala de vídeo da Casa da Xuventude, realizaremos a proxección do documental ‘Tukki, a pegada ambiental’. Tukki, que significa viaxar en wolof, reflicte a viaxe a que se ve obrigado a emprender un mozo senegalés dende a súa aldea, ante a degradación do solo e a deforestación do seu entorno.
Tamén os nosos voluntarios europeos participaran o venres día 11 a partir das 20:00h nas xornadas de convivencia intercultural na que teremos degustacións de pratos típicos e contárense historias e contos de diferentes países .
Por ultimo, organizamos ‘Xornalismo comprometido no Golfo de Fonseca’ na que xornalistas de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), presentarán a súa experiencia durante a visita aos proxectos de cooperación de Amigos da Terra no Golfo de Fonseca en Centroamérica. O mércores 16 ás 20 horas na sala de vídeo da Casa da Xuventude.
Podes ver o detalle das actividades na axenda ou ben na paxina web da casa da xuventude
Agardamos por vós!!!
|







