Portada NOVAS Xornalismo comprometido no Golfo de Fonseca
Xornalismo comprometido no Golfo de Fonseca
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 16 Decembro 2009 16:31
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

090923_agaresonogolfo

Amigos da Terra participa hoxe mércores 16, dentro da iniciativa Casa Solidaria, coa conferencia, “Xornalismo comprometido no Golfo de Fonseca”, a cargo dos reporteiros de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), que visitaron os proxectos de cooperación que Amigos da Terra está a realizar no Golfo de Fonseca, en Centroamérica. O acto terá lugar ás 20.00 horas, na sala de vídeo da Casa da Xuventude de Ourense.

 

Durante doce días, os compoñentes desta asociación tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables da empresa galega Calvo (que conta con instalacións en O Salvador), institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

 

O obxectivo desta colaboración é sensibilizar á poboación galega e difundir o traballo que Amigos da Terra está a realizar en cooperación ao desenvolvemento con enfoque ambiental no Golfo de Fonseca, sempre coa premisa de que a xestión integrada do medio ambiente é a clave para poder erradicar a pobreza no mundo.

 

Esta conferencia englóbase dentro da iniciativa Casa Solidaria que a vai celebrar ata o 18 de decembro na cidade de Ourense e na que se amosan a labor de dez ONG´s e asociacións ourensáns co obxectivo común de sensibilizar e promover na poboación de Ourense a solidariedade.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.