| Amigos de la Tierra en "Acción Directa" de TVE |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 02 Marzo 2010 08:41 |
|
Hai xa 21 anos que traballamos en Centroamérica para mellorar as condicións de vida das persoas que viven alí con proxectos que, ademais de proporcionar ingresos estables ás familias, protexen o medio. E agora grazas á nosa extensa e consolidada traxectoria profesional convertémonos nun dos referentes de cooperación ambiental en España.
Durante as próximas semanas, teremos a ocasión de achegarnos ao traballo que realizamos xunto aos nosos socios e as comunidades locais, á vez que coñecemos as condicións e a situación que viven. Durante 7 episodios e todos os luns, o noso equipo nicaragüense, con Guillermo Rodríguez ao fronte da cámara, presentaranos de primeira man o traballo realizado e guiaranos na nosa viaxe por Río San Juan e Ometepe para coñecer os nosos proxectos e os enclaves naturais onde se executan, declarados áreas protexidas.
Non deixes pasar esta ocasión para coñecer de preto o traballo de Amigos de la Tierra!
Programa: Acción Directa Cadena: La 2 de TVE Fecha: Todos os luns, ao longo de 7 programas. Hora: 23:30
Ou no enlace: http://www.rtve.es/alacarta/la2/abecedario/index.html
|

Dende Amigos da Terra queremos que coñezades o noso traballo en cooperación ao desenvolvemento. Por iso, é un pracer para nós, anunciarvos que o programa "Acción Directa" de Televisión Española emitirá 7 capítulos no que se verá o noso traballo en Nicaragua e Costa Rica, xunto co de outras ONGDs españolas.





