Portada NOVAS Presentación exposición Golfo de Fonseca en Pontevedra
Presentación exposición Golfo de Fonseca en Pontevedra
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 13 Abril 2010 09:03
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Neno_pescado

Mañá mércores, ás 12.00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública de Pontevedra a presentación oficial da exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada en colaboración por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

 

 

As dúas organizacións, a través dun convenio de colaboración comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización que permitirá dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible.

 

O primeiro paso foi a viaxe de cinco reporteiros rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que a asociación está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade mariño-costeira.

 

joven_barca

 

Esta exposición, reflexa a través de 30 instantáneas as primeiras impresións e vivencias deste grupo de reporteiros durante a súa visita aos proxectos de Amigos da Terra. A mostra permanecerá na Biblioteca Municipal ata o vindeiro 29 de abril e poderá visitarse de 9.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

 

Presentación documental

 

Por outra banda, ese mesmo día, ás 17.00 horas, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, membros de Amigos da Terra e AGARESO presentarán aos alumnos/as de comunicación audiovisual o documental que AGARESO realizou sobre os proxectos que Amigos da Terra está a desenvolver nestes países e a situación ambiental do Golfo de Fonseca.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.