| Curso-práctico de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento en As Corcerizas |
| Escrito por Montse Fernández |
| Venres, 23 Abril 2010 16:15 |
|
Esta fin de semana, celebrarase no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas o curso-práctico de “Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento”, organizado por Amigos da Terra en colaboración coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e dirixido a ONGD´s, medios de comunicación e outros axentes de cooperación.
O obxectivo do curso é dotar ás ONGD´s e axentes de cooperación das ferramentas axeitadas para poder mellorar a comunicación nas súas organizacións, poñendo como exemplo práctico, aplicable a outras ONGD´s, a experiencia do proxecto de colaboración posto en marcha entre Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).
|








