| Medios de comunicación e ONGD´s en As Corcerizas |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 26 Abril 2010 18:48 |
|
As ONGD´s e os medios de comunicación pertencemos a sectores moi distintos, pero tal e como puidemos comprobar no curso, ámbolos dous temos inquedanzas comúns e o reto de darlle unha verdadeira difusión ao traballo en desenvolvemento que fan as asociacións, e que moitas veces non se coñece.
Ademais, tivemos a oportunidade de mostrar a experiencia do proxecto de colaboración posto en marcha entre Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), para visibilizar o traballo que estamos a desenvolver no Golfo de Fonseca. Un exemplo práctico de como a colaboración entre medios e ONGD´s é posible e efectiva.
Por outra banda, os/as participantes realizaron unha visita guiada polo equipamento e coñeceron o proxecto educativo que desenvolve Amigos da Terra en As Corcerizas, comprobando o bo funcionamento das enerxías renovables e coñecendo alternativas viables para unha vida cotiá máis sostible.
|

Esta fin de semana levamos a cabo en As Corcerizas o Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, un primeiro espazo de achegamento entre profesionais de medios de comunicación (prensa, radio e televisión) e membros/as de ONGD´s. Curso, que podemos cualificar de grande éxito, tanto polo número de participantes, como polos interesantes debates que se xeraron nas mesas.






