Portada NOVAS A Illa de Ometepe, nova Reserva da Biosfera
A Illa de Ometepe, nova Reserva da Biosfera
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 07 Xuño 2010 13:21
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

ometepe2

 

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) nomeou a pasada semana á Illa de Ometepe, localizada no Lago Cocibolca, como nova Reserva da Biosfera. Deste xeito, convértese no terceiro espazo nicaragüense que forma parte da rede mundial de Reservas da Biosfera da Unesco.

 

A riqueza natural da Illa mereceulle o seu ingreso á Rede Mundial de Reservas de Biosfera. A súa nominación foi aprobada por unanimidade na vixésima segunda Sesión do Consello Internacional de Coordinación do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB).

 

Ometepe é unha das illas máis grandes do mundo en auga doce, ten presenza de bosque seco tropical e bosque húmido característico do Atlántico, ademais de nebliselva. Así mesmo, posúe zonas costeiras, tamén ten altitudes, serve de descanso para aves migratorias e conta con especies endémicas de flora e fauna. A Illa tamén foi valorada por albergar vestixios arqueolóxicos da época precolombina e polo desenvolvemento do ecoturismo.

 

Proxecto na Illa de Ometepe


Amigos da Terra está a desenvolver dende o pasado ano, un proxecto de fortalecemento da pesca artesanal e conservación dos recursos naturais na Illa de Ometepe, co que se busca mellorar as condicións deste sector, sempre baixo enfoques de sostenibilidade medioambiental e igualdade de xénero.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.