| Firma contra os recortes á cooperación |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 12 Xullo 2010 10:04 |
|
Os recortes da AOD anunciados recentemente por Zapatero, dentro das súas medidas de axuste, afastan ao goberno dos seus compromisos de axuda, especialmente o de alcanzar o 0,7% da RNB en 2012, asinado e consensuado por todos os partidos políticos con representación parlamentaria no Pacto de Estado contra a Pobreza de 2007.
Por iso, animamos a todas as persoas a apoiar o Manifesto das Organizacións membro da Coordinadora ONGD-España fronte ao incumprimento dos compromisos en Cooperación. "As persoas primeiro. Desenvolvemento Humano e Crise Financeira".
En tan só unha semana conseguíronse 1.500 adhesións... Moitas grazas por asinar o Manifesto e por facelo chegar ás túas compañeiras e compañeiros, ás túas amizades... Agora hai que difundilo, e é que temos unha cita a finais de xullo, unha cita cos partidos políticos que asinaron o Pacto de Estado contra a Pobreza.
Pica aquí para ler o manifesto
|








