| Sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 18 Outubro 2010 09:30 |
|
O pasado sábado tivo lugar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, a sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza. Finalmente, representantes dos tres partidos políticos con presencia no Parlamento galego puxeron a súa sinatura nun documento que lles compromete a cumprir a promesa de destinar o 0,7 % dos orzamentos da Xunta de Galicia a cooperación ao desenvolvemento.
A última etapa convocou a máis de medio centenar de persoas que percorreron os oito quilómetros que hai desde o Monte do Gozo ata a catedral.
Fonte imaxes: AGARESO
O importante agora é que os políticos cumpran a súa promesa e que a sinatura do Pacto non se quede en papel mollado.
Aquí tedes un resumo do camiño en imaxes.
Podedes atopar máis información sobre o Camiño polo Pacto no blog de AGARESO.
|







