Portada NOVAS Amigos da Terra participará no Foro de ONGD de Vigo
Amigos da Terra participará no Foro de ONGD de Vigo
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 17 Novembro 2010 14:29
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

objetivos_milenio

O próximo sábado día 20, Amigos da Terra estará presente no Foro de ONGD do Concello de Vigo, un encontro organizado polo Consello Municipal de Solidariedade e Cooperación Internacional de Vigo e que terá lugar na Praza de Compostela en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas, e que finalizará cun concerto de “La Habitación Roja” no Auditorio Municipal ás 21 horas.


O principal obxectivo deste foro é que as ONGD da cidade se relacionen directamente con toda a cidadanía, por iso, durante o día darán a coñecer os seus proxectos, accións de solidariedade e cooperación internacional. Ademais, durante toda a xornada, un grupo de teatro achegaranos aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio con obradoiros, accións itinerantes, performance, contacontos, etc.

 

En concreto, dende a asociación, ademais dunha mesa informativa sobre os nosos proxectos e actividades, temos previsto levar a cabo a actividade de cálculo da “Pegada Ecolóxica”, coa que mediremos o impacto ambiental que ten sobre a Terra o noso estilo de vida.

 

Así mesmo, en conxunto co resto de ONGD participantes realizaremos a “Busca do Tesouro”, un xogo no que a través dunhas tarxetas con pistas, os/as participantes deberán encontrar ás ONGD ás que fan referencia.

 

E como fin de festa, ás 21.00 horas no Auditorio Municipal, terá lugar un concerto gratuíto a cargo do grupo "La Habitación Roja" para esixir o cumprimento dos Obxectivos do Milenio. As persoas interesadas en asistir ao concerto poderán recoller as entradas na nova sede de Amigos da Terra e AGARESO na Rúa Policarpo Sanz nº 17 1º D, en horario de 9.00 a 14.00 horas ou na Concellería de Benestar Social, na Praza do Rei, nº1, en horario de 9.00 a 13.00 horas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.