Portada NOVAS As ONGD entregarán carbón aos responsables de cooperación da Xunta de Galicia
As ONGD entregarán carbón aos responsables de cooperación da Xunta de Galicia
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 21 Decembro 2010 09:30
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

recortes-coopera_2

Dende a Coordinadora Galega de ONGD, da que forma parte activa Amigos da Terra, emprazámosvos a participar hoxe nun acto de protesta contra os recortes da Xunta de Galicia en Axuda Oficial ao Desenvolvemento: un 19% en 2011.

 

Coincidindo coa reunión que hoxe, ás 12:30 horas, celebrará o Consello Galego de Cooperación de Galicia (CONGACODE) no Hotel San Francisco, a Coordinadora organizará unha mesa informativa na que se distribuirá o informe Unha cooperación pobre para os máis pobres, un estudo que analiza o descenso da solidariedade do goberno galego (en adxunto).

 

Así mesmo, representantes das ONGD entregarán carbón aos máximos responsables políticos da cooperación galega que está previsto que estean presentes: o conselleiro de presidencia, Alfonso Rueda, o director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero.

 

Por todo isto, convocámosvos ás 11:45 na entrada do Hotel San Francisco (Campillo de San Francisco, 3), de Santiago de Compostela.

 

Esperamos contar coa vosa importante presenza!

 


7.COM
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.