Portada NOVAS Presentación do proxecto "As mulleres alimentan o mundo"
Presentación do proxecto "As mulleres alimentan o mundo"
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 15 Marzo 2011 19:49
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

mulleres_rurais

Hoxe, tivo lugar en Santiago, a presentación oficial do proxecto "As mulleres alimentan o mundo"no que participan Amigos da Terra, A Cova da Terra, Panxea, Intermón Oxfam e Taller de Solidariedade, xunto  coa colaboración de Axuda en Acción e Solidariedade Internacional de Galicia. Un proxecto, co que se pretende sensibilizar á sociedade galega sobre o comercio xusto/consumo responsable, soberanía alimentaria e a Igualdade de Xénero.

 

 

Na primeira fase do proxecto fixeronse varios obradoiros con mulleres rurais, en diferentes puntos de Galicia. esións formativas, nas que se abordaron contidos relacionados co Comercio Xusto e consumo responsable, facendo fincapé no papel da muller produtora e a súa situación nos países do Sur.

 

Agora, para continuar o traballo xa iniciado, estamos a organizar o Encontro Internacional de Mulleres, que terá lugar o venres 25 e o sábado 26 de marzo en Lalín. Nesta cita, participarán as mulleres que estiveron nas sesións formativas, onde darán a coñecer as súas iniciativas e proxectos. E contaremos coa presencia de mulleres de América Latina, Asia e África.

 

Neste senso, teremos o privilexio de contar coa presenza de Eva Pineda, de Aldea Global (Nicaragua), Eranga Saramakoon, de Bio Foods (Sri Lanka) e Armanda Moreira, presidenta da Associação para o Desenvolvimento Integral de Rui Vaz (ADIRV).

 

Así mesmo, co galo das celebracións do Día Mundial do Comercio Xusto, o vindeiro 9 de maio, realizaránse actividades de difusión e promoción do Comercio Xusto, nas rúas e prazas das principais cidades galegas.


Podedes consultar aquí o programa do Encontro e descargar a ficha de inscrición. As xornadas son gratuítas, animádevos a participar!

 

Para máis información sobre o encontro podedes chamar ao 982230211 ou escribir a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.