Portada NOVAS Encontro Internacional de Mulleres de Lalín
Encontro Internacional de Mulleres de Lalín
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 25 Marzo 2011 19:13
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

mulleres_rurais

O Auditorio Municipal de Lalín acolle durante hoxe e mañá, o Encontro Internacional de Mulleres, no que participan as 150 mulleres rurais, que estiveron nas sesións formativas e onde tamén contaremos coa presenza das mulleres chegadas de Nicaragua, Sri Lanka e Cabo Verde. Este encontro constitúe o acto central do proxecto "As mulleres alimentan o mundo", no que participa Amigos da Terra xunto con A Cova da Terra, Taller de Solidariedade, Panxea, Intermón Oxfam, Axuda en Acción e Solidariedade Internacional.

 

Esta cita, pretende xuntar á poboación galega con produtoras do sur para debater as problemáticas comúns e plantexar posibles alternativas. Concretamente, búscase atopar sinerxías entre as mulleres do rural galego e as mulleres produtoras do Sur, que participan en proxectos ou iniciativas de comercio xusto; a importancia do papel da muller como provedora de alimentos no Sur e consumidora final no Norte, e a necesidade de abordar a desigualdade de xénero no ámbito da cooperación ao desenvolvemento.

 

Experiencias de produción no sur

 

Onte, tivemos a oportunidade de ter no local de Amigos da Terra en Ourense, ás tres mulleres productoras dos países do sur que participan neste Encontro. Eva Pineda, de Aldea Global (Nicaragua), Eranga Samarakoon, de Biofoods (Sri Lanka) e Armanda Moreira da Asociación para o desenvolvemento integral (Cabo Verde), puxeron deste xeito, cara e voz ás persoas que están detrás de algúns dos produtos de comercio xusto que se comercializan no noso país, e explicaron aos técnicos/as e voluntarios/as de Amigos da Terra as súas experiencias como mulleres produtoras e consumidoras, e como cambiou a vida das comunidades ás que representan grazas ás boas prácticas do comercio xusto e o consumo responsable.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 berta 04/04/2011 10:52
Yo creo que se deberian hacer mas encuentros de estos y en mas sitios.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.