Portada NOVAS A exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible" recala en Bueu
A exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible" recala en Bueu
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 31 Marzo 2011 15:51
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

100528_expossantiago

Dende mañá, día 1 e ata o 10 de abril, a sala de exposicións Amalia Domínguez Búa de Bueu, acollerá a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", organizada por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

 

 

Ambas as dúas entidades colaboran nun proxecto de sensibilización co obxectivo de difundir o traballo que a asociación ecoloxista leva a cabo en Centroamérica a prol da pesca artesanal e sostible. Cinco reporteiros desprazáronse a Nicaragua, El Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e o uso do Golfo de Fonseca, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade. Alí entrevistáronse cos distintos sectores implicados para comprobar os logros que se están a acadar en materia de pesca artesanal sostible, conservación dos recursos mariños ou participación das mulleres no ámbito pesqueiro.

 

Resultado desa visita aos proxectos de Amigos da Terra é a exposición que agora chega a Bueu e que se inaugurará mañá venres, 1 de abril, ás 20.30 horas. Representantes da asociación ecoloxista e de AGARESO, entre eles o fotógrafo Carlos Puga, relatarán as súas vivencias e explicarán as claves do proxecto desenvolvido no Golfo de Fonseca. Proxectarase ademais o documental resultante da experiencia, que vén de ser premiado pola Fundación Biodiversidad.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.