| Comunicadores e ONGD únense para compartir formación e experiencias |
| Escrito por Montse Fernández |
| Domingo, 03 Abril 2011 18:24 |
|
Esta fin de semana, celebrouse no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, organizado por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).
O curso, dirixido a membros de ONGD e profesionais dos medios de comunicación, pretendeu dar un paso máis na mellora das relacións entre os dous actores, ofrecendo novas ferramentas ás ONGD, para mellorar as mensaxes que lanzan dende as súas organizacións, e aos profesionais dos medios para que poidan comunicar dun xeito máis axeitado e adecuado á realidade do mundo da cooperación e a comunicación social.
As redes sociais como unha oportunidade para dar a coñecer a mensaxe das ONGD, exemplos de comunicación alternativa, análise de campañas publicitarias, así como coñecer en profundidade o que significa a comunicación para o desenvolvemento, foron algúns dos temas tratados durante estes dous días.
Ademais, os asistentes tiveron a oportunidade de realizar unha visita guiada polos equipamentos de As Corcerizas, comprobando o bo funcionamento das enerxías renovables e coñecendo alternativas viables para unha vida cotiá sostible. |








Comentarios
Gostei muito das ponencias de Rubén Bastón e Xurxo Salgado, excelentes!
www.rubenbaston.org/.../
www.galiciaconfidencial.com/
Aprovecho para felicitar también al equipo de cocina, estaba todo riquísimo!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.