| A Coordinadora Galega de ONGD ten nova directiva |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 12 Abril 2011 15:30 |
|
A candidatura encabezada por Médicos do Mundo recibiu o apoio do 100% das organizacións presentes na Asemblea celebrada o pasado sábado día 9 en Compostela. Ademais de Gema·Filgueira, como Presidenta, a nova Xunta Directiva da Coordinadora conta con María Paz (Solidariedade Internacional), na Vicepresidencia; Laura del Río (Farmamundi), na Tesourería; José Luis Quintela (Intermón Oxfam), na Secretaría; e Ángel Bañobre (Fundación Cume), José Manuel Pérez ·(Axuda en Acción) Judith Sing ·(Amigos da Terra) e Francisco Solano (ACPP), nas catro Vogalías.
Na Asemblea Xeral deste ano 2011 o órgano supremo da Coordinadora elixiu un novo equipo directivo porque, tal e como establecen os Estatutos da Coordinadora, o mandato do equipo directivo debe renovarse cada tres anos. O anterior órgano reitor foi elixido en 2008 e este ano cumpríase o trienio que o obrigaba á súa cesión.
A da nova Xunta Directiva non foi a única elección da xornada. PANXEA e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) recibiron o apoio da maioría das ONGD para incorporarse na Coordinadora Galega de ONGD. Coa súa entrada, son 48 as organización integradas actualmente na CGONGD, xa que nesta mesma Asemblea déronse de baixa cinco entidades: Acción contra a Fame, Amani Galicia, Compromiso y Misión, Paz e Desenvolvemento e Voluntariado Social Rogas.
Por outra banda, a Xunta Directiva cesante fixo un repaso das actividades levadas a cabo no último ano, presentou a liquidación de contas do exercicio 2010 e o orzamento previsto para 2011 e despediuse con palabras de agradecemento polo traballo conxunto dos últimos tres anos.
Aquí tedes o plan de goberno da nova Xunta Directiva:
|

A candidatura encabezada por Médicos do Mundo recibiu o apoio do 100% das organizacións presentes na Asemblea celebrada o pasado sábado día 9 en Compostela. Ademais de Gema·Filgueira, como Presidenta, a nova Xunta Directiva da Coordinadora conta con María Paz (Solidariedade Internacional), na Vicepresidencia; Laura del Río (Farmamundi), na Tesourería; José Luis Quintela (Intermón Oxfam), na Secretaría; e Ángel Bañobre (Fundación Cume), José Manuel Pérez ·(Axuda en Acción) Judith Sing ·(Amigos da Terra) e Francisco Solano (ACPP), nas catro Vogalías.





Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.