| Teño unha pregunta para vostede |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 03 Maio 2011 11:22 |
|
O vindeiro 5 de maio, a Coordinadora Galega de ONGD, da que forma parte activa Amigos da Terra, organiza o acto "Teño unha pregunta para vostede" no que as persoas que encabezan as listas do BNG, EU, PP e PSOE, entre outros, someteranse ás preguntas da cidadanía en materia de solidariedade, cooperación e medio ambiente.
O acto terá lugar de forma simultánea, ás 19:00 horas, en A Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. Neste sentido, a Coordinadora Galega de ONGD invita a todos os galegos e galegas a participar neste espazo de encontro cos representantes políticas das listas municipais.
En Ourense, o acto terá lugar no Ateneo (Rúa Curros Enríquez, 1), e contará coa presenza de:
Modera Judith Sing (responsable de cooperación de Amigos da Terra)
Resto de cidades:
Dende a Coordinadora Galega de ONGD cremos que nun momento no que a crise golpea con forza e no que a pobreza de millóns de persoas é unha clara e evidente cuestión que nos incumbe a todos e todas, queremos saber cales son as medidas que propoñen levar a cabo na loita pola equidade, a sustentabilidade e o desenvolvemento humano cada unha das candidaturas destas cinco cidades.
A gran maioría dos candidatos e candidatas participantes nesta nova convocatoria electoral forman parte de partidos que, tanto a nivel estatal como autonómico, subscribiron Pactos contra a Pobreza nos que se comprometían a impulsar políticas en materia de cooperación. O pasado 16 de outubro, en Santiago de Compostela, PPdeG, PSdG-PSOE e BNG asinaron o Pacto Galego contra a Pobreza.
No acto que se levará a cabo en Santiago de Compostela, presentarase, tamén "Elixe as persoas primeiro, a crise non é escusa", unha campaña a nivel estatal que pretende concienciar á cidadanía, da importancia da solidariedade nos programas dos futuros gobernos municipais. |








Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.