Portada NOVAS Amigos da Terra convídavos a celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto
Amigos da Terra convídavos a celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 12 Maio 2011 15:30
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

mulleres_rurais

 

Amigos da Terra, A Cova da Terra, Axuda en Acción, Intermón Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional e Taller de Solidariedade convídavos a pasar unha xornada lúdico-reivindicativa este sábado, día 14 de maio, co gallo do Día Internacional do Comercio Xusto.

 

 

Este ano, a asociación estará presente en Ourense (Rúa Cruz Vermella) e en Vigo (Praza da Princesa), festexando esta importante data, en horario de 11:00 a 20:30 horas. Para elo, teremos diferentes actos e actividades ao longo do día: postos de información e venda de produtos de comercio xusto, degustación, lectura do manifesto, obradoiros para nenos/as (como os de globoflexia, maquillaxe e xoguetes feitos con material reciclado), animación na rúa, etc.

 

Ademais, nesta ocasión, contaremos coa exposición As mulleres alimentan o mundo, co obxectivo de sensibilizar en torno a 3 eixes que consideramos fundamentais: o comercio xusto/consumo responsable, a igualdade de xénero e a soberanía alimentaria.

 

Decálogo do comercio xusto

 

Non podedes faltar a esta importante cita!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.