Portada NOVAS Amigos da Terra e AGARESO recollen o premio da Fundación Biodiversidad polo documental sobre o Golfo
Amigos da Terra e AGARESO recollen o premio da Fundación Biodiversidad polo documental sobre o Golfo
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 02 Xuño 2011 11:18
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

nino_pescado

Hoxe, ás 18.30 horas, terá lugar no Lucernario do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, a entrega dos premios Fundación Biodiversidad. Membros de ámbalas dúas organizacións asistirán ao acto e recibirán de máns de Rosa Aguilar o segundo premio acadado polo documental "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", na modalidade de comunicación e creación.

 

Os Premios Fundación Biodiversidade recoñecen o labor de emprendedores que fan unha decidida aposta pola xestión sostible dos recursos naturais, así como a comunicadores e creadores que contribúen a implicar a sociedade na mellora do medio ambiente.

 

Amigos da Terra e AGARESO, a través dun convenio de colaboración, comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización para dar a coñecer o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible. O primeiro paso foi o desprazamento a terreo de cinco reporteiros: a reporteira audiovisual, Laura López; o operador de cámara, Cristóbal Martín; o fotógrafo, Carlos Puga e as xornalistas, Estrella López e Eva Alonso, para visitar os proxectos que a asociación ecoloxista está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten esta zona, un ecosistema moi rico en diversidade biolóxica mariña - costeira.

 

Durante a súa visita, os reporteiros de AGARESO tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables de empresas galegas que contan con instalacións no Golfo, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

 

O documental premiado é froito desta visita, así como a exposición fotográfica que estamos a mover por toda Galicia, o libro de fotografías que presentamos hai uns días, e o blog elaborado polos reporteiros durante a expedición.

 

Parabéns a todo o equipo deste gran proxecto!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #3 juji 06/06/2011 07:37
Xabi pronto teremos subido na web de Amigos da Terra o documental para que esté accesible a todo o público...
Citar
 
 
0 #2 xabi 03/06/2011 18:17
Onde podo ver o documental?????
Citar
 
 
0 #1 Totó 03/06/2011 16:28
NORABOA!!!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.