Portada NOVAS Cooperación Galega empobrecida
Cooperación Galega empobrecida
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 15 Xuño 2011 08:50
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091016_cartelpobrezacerodd 

A Coordinadora Galega de ONGD , da que forma parte Amigos da Terra emprenderá medidas administrativas e xudiciais, se é preciso, contra as dúas ordes aprobadas o 24 de maio que, unha vez máis, dinamitan a cooperación galega

 

En dous anos o goberno galego reduce un 48% o orzamento dedicado á loita contra a pobreza mundial

 

Dous días despois das eleccións municipais do 22 de maio, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia aprobou, sen previo aviso, dúas ordes que seguen a dinamitar as políticas galegas de cooperación ao desenvolvemento: a eliminación da convocatoria de axudas de emerxencia e acción humanitaria (300.000 €) e a redución a metade do orzamento das convocatoria de proxectos no exterior (1.974.901 €) que, dende o 30 de abril, debería estar resolta.

 

«Estes novos recortes poñen en cuestión a aposta real do goberno galego pola cooperación internacional», asegurou hoxe María Paz, Vicepresidenta da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD), en rolda de prensa. E é por iso que a as ONGD «esiximos a Xunta de Galicia respecto á cidadanía a través do cumprimento dos acordos políticos de loita contra a pobreza» asinados no II Plan Director de Cooperación Galega 2010-2013 e no Pacto Galego contra a Pobreza. «E, sobre todo, esiximos un posicionamento claro» respecto ao futuro da cooperación en Galicia porque os sucesivos recortes «están a comprometer a vida de milleiros de familias en países empobrecidos como Guatemala, Haití e República Dominicana».

 

Diante destes novos recortes, a Coordinadora decidiu tomar varias medidas:

 

- Interposición de recursos administrativos e, no caso que sexa necesario, levar as ordes aprobadas o 24 de maio ao contencioso administrativo.

 

- Convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro 1 de xullo.

 

- Informar ao Valedor do Pobo dos recortes aprobados e do incumprimento sistemático da Xunta de Galicia do Plan Anual e o II Plan Director de Cooperación ao Desenvolvemento (2010-2013) así como do Pacto galego contra a Pobreza.

 

- Solicitar audiencia co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, e co Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.

 

- Concertar reunións con representantes do BNG e PSOE – PSdeG.

 

A continuación, vos achegamos datos de interese relacionados cor recortes sistemáticos dos últimos dous anos en materia de cooperación:

 

* A redución total contemplada nas dúas ordes aprobadas o pasado 24 de maio, e publicadas o 3 de xuño no Diario Oficial de Galicia é de 2.274.901 euros: 991.215 en 2011; e 1.283.686 en 2012.

 

* Os recortes aprobados para este ano respecto o orzamento executado en 2010 son do 34 %, é dicir, de 3.671.178 euros.

 

* Nos últimos dous anos, a Xunta de Galicia ten reducido un 48 % o orzamento dedicado á loita contra a pobreza. En 2012, os recortes serán aínda maiores porque de momento tense aprobada unha redución de 1.283.686 euros.

 

* A Xunta de Galicia destina á loita contra a pobreza un 0'065 % do seu orzamento, fronte ao 0'7% contemplado na Lei Galega de Cooperación para o Desenvolvemento e no Pacto Galego contra a Pobreza.

 

* Galicia continúa a ser a comunidade autónoma que menos orzamento destinou historicamente a cooperación internacional ao desenvolvemento: menos de 4 € por habitante.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.