|
Escrito por Montse Valencia
|
|
Xoves, 07 Xullo 2011 08:01 |
Tal e como se comunicou na Asemblea Extraordinaria celebrada o venres, día 1 de xullo, unha representación da Xunta Directiva da Coordinadora reuniuse onte co conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.
A Coordinadora manifestoulle a preocupación do sector antes os sistemáticos recortes en materia de cooperación en Galicia ,e solicitouse unha explicación do acontecido, así coma un posicionamento claro sobre o futuro da cooperación galega.
Estas son as principais argumentos ofrecidos polo conselleiro Rueda:
- Os recortes aprobados o 22 de maio mediante dúas ordes baséanse na falta de recursos da Consellería.
- Dende a Consellería, recoñécese no ter acertado na forma de comunicar ao sector das ONGD os derradeiros recortes aprobados mediante dúas ordes. E recoñécese a medida como “dolorosas".
- As medidas aprobados, de carácter conxuntural, traduciranse na incapacidade de cumprir os obxectivos de cooperación establecidas no II Plan director de cooperación galega ao desenvolvemento 2010-2013.
- Se en 2012 non se reduce o orzamento xeral de Galicia, manterase o orzamento actual dedicado a cooperación ao desenvolvemento. É dicir, o orzamento resultante dos recortes aprobados mediante as dúas ordes do 22 de maio: 7.075.822 euros; o 0,06% do orzamento consolidado. O conselleiro deixou claro que ten "vontade política" para manter este orzamento, pero non pode garantilo.
- Ante o debate suscitado na actualidade sobre o papel da Cooperación Descentralizada, o Conselleiro móstrase favorable a manter esta competencia na Xunta de Galicia.
Ante esta exposición, a representación da Xunta Directiva comunicoulle que se o ano que ven non se cumpren os mínimos expostos na reunión, o sector das ONGD entenderao como unha nova grave falta de respecto.
|
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.