Portada NOVAS A cooperación galega descende un 40% nun só ano
A cooperación galega descende un 40% nun só ano
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 20 Xullo 2011 13:04
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

tijerasA denegación de todos os microproxectos e a non sinatura dos convenios previstos para 2011 deixan sen osíxeno ás ONGD galegas. Nun só ano a cooperación galega esta a piques de ser desmantelada. Os fondos da Xunta de Galicia dedicados á loita contra a pobreza recortáronse un 39% en 2011 e actualmente representan o 0,06% do produto interior bruto galego (PIB), unha porcentaxe situada nas antípodas do 0,7% comprometido por todos os partidos galegos con representación no Parlamento coa sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza.

 

O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, comunicou o pasado 5 de xullo a representantes da Coordinadora Galega de ONGD, que o vindeiro ano a situación da cooperación galega non vai mudar. No mellor dos casos manterase o orzamento actual, é dicir, os 6,6 millóns de euros resultantes dos recortes. Para que iso pase, o orzamento xeral da Xunta deberá manterse. No caso que descenda, a cooperación galega aínda contarán con menos fondos públicos.

 

Segundo comunicou a Xunta de Galicia na última sesión permanente do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE), ademais dos recortes aprobados nas dúas ordes do 24 de maio nos que se eliminan as axudas de acción humanitaria e se reduce á metade o orzamento dedicado a proxectos no exterior, xa se poden computar como redución orzamentarias as seguintes partidas:

 

  • A denegación de todas as solicitudes presentadas á convocatoria de microproxectos por "falta de calidade" nas propostas (175.000 euros).
  • A decisión de non asinar ningún dos convenios de cooperación directa previstos durante o 2011 (260.589 euros).

 

Así pois, o orzamento da Xunta dedicado a cooperación ao desenvolvemento en 2011 é de 6.640.174 euros, un 18% menos do previsto no Plan Anual de Cooperación 2011 aprobado en febreiro deste ano. Isto significa que os recortes en cooperación son do 39 % respecto ao ano 2010 (o 21% rexistrado nun primeiro momento no Plan Anual 2011; máis o 18% actual).

 

Como se acordou o pasado 1 de xullo, na Asemblea Extraordinaria da Coordinadora Galega de ONGD, da que forma parte activa Amigos da Terra, no mes de outubro levarase a cabo unha acción enmarcada na Semana Galega contra a Pobreza que consistirá na entrega "masiva" de cartas ao Valedor do Pobo facendo constar o incumprimento sistemático da Xunta de Galicia en relación aos compromisos de loita contra a pobreza.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+1 #1 Sursoñador 21/07/2011 09:08
É unha vergoña o que está sucedendo... a xente que sustenta o poder está dándolle forza o medo, xeralizando a palabra "crise" para facer recortes en todo, e como non, na cooperación, na que xa nunca dimos a talla co 0,7 prometido.

Pois ben, hai xente que si están en verdadeira crise, son os seres humanos que intentan sobrevivir nos sures empobrecidos.

Vendo que os nosos gobernantes danlle as costas sistemáticamente só nos queda a presión social, non xa para aumentar a cooperación, senón para deixar de explotar e empobrecer a eses pobos. Como cidadáns e como consumidores temos un papel fundamental nesta presión.

Esta malchamada crise dos paises ricos pode ser unha oportunidade para mudar esta chea de hábitos que empobrecen nas que entramos sen pensar e da que podemos sair cunha fonda reflexión.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.