Portada NOVAS A loita polo futuro sostible do Golfo de Fonseca no CEIDA
A loita polo futuro sostible do Golfo de Fonseca no CEIDA
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 01 Setembro 2011 14:06
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

golfo_foto_nia

Dende hoxe e ata o vindeiro 30 deste mesmo mes, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) de Oleiros (A Coruña) acolle a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", organizada por Amigos da Terra e AGARESO.

 

Amigos da Terra e AGARESO, a través dun convenio de colaboración, comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización para dar a coñecer en Galicia o traballo que a asociación ecoloxista leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible. O primeiro paso foi a expedición de cinco reporteiros rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que a asociación está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade mariño-costeira.

 

Neste proxecto, durante doce días os compoñentes de AGARESO tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables de empresas galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

 

As 61 fotografías que engloban a mostra, realizadas por el fotógrafo de AGARESO, Carlos Puga, reflexan as primeiras impresións e vivencias deste grupo de reporteiros durante a súa visita aos proxectos da asociación ecoloxista.

 

A mostra permanecerá no Castelo de Santa Cruz (sede do CEIDA), ata o vindeiro 30 de setembro e poderá visitarse de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas de luns a venres, e os sábados de 11.00 a 14.00 horas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.