Portada NOVAS Os recortes da Xunta aumentan a precariedade laboral dos e das cooperantes
Os recortes da Xunta aumentan a precariedade laboral dos e das cooperantes
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 08 Setembro 2011 11:30
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

tijeras

Galicia conta con máis de 100 persoas expatriadas traballando en países do Sur. 

 A redución a metade dos orzamentos dedicados a proxectos de cooperación en 2011, deixa sen garantías de coninuidade o traballo a prol da loita contra a pobreza que desenvolve este colectivo.

 

 

Hoxe, 8 de setembro, celébrase o Día do/a Cooperante en todo o Estado español. En 2006, o Consello de Ministros aprobou o Estatuto do/a cooperante, un marco normativo reclamado polo sector que marcou un antes e un despois na dignificación da profesión.

 

Este ano o Día do/a Cooperante vese marcado polo aumento da precariedade laboral do colectivo. En 2011,a Xunta de Galicia reduciu á metade os orzamentos dedicados a financiar proxectos de cooperación no exterior e eliminou a convocatoria de acción humanitaria, unha realidade que está a afectar de xeito directo á estabilidade laboral das persoas expatriadas. A drástica diminución dos recursos comprometidos polo goberno galego dificulta o mantemento dos contratos laborais por parte das ONGD galegas e esto tradúcese na falta de garantías para a continuidade e sustentabilidade dos proxectos de cooperación que se están a levar a cabo en países de América Latina, África e Asia.

 

E por iso que dende a Coordinadora Galega de ONGD, da que forma parte Amigos da Terra, esiximos á Xunta de Galicia que cumpra os seus compromisos de loita contra a pobreza asinados no II Plan Director da Cooperación Galega e no Pacto Galego contra a Pobreza.

 

O perfil do persoal expatriado

 

O labor e traballo a prol da solidariedade entre os pobos está senlleiramente representado polos e polas cooperantes. Segundo o Rexistro de cooperantes elaborado pola Xunta, actualmente hai 103 galegos e galegas traballando no exterior en colaboración coa poboación dos países máis empobrecidos co obxectivo de acadar unha mellor calidade de vida a través da promoción e defensa dos dereitos humanos, da construción de infraestruturas básicas educativas, sanitarias, sociais, etc., e da loita contra a discriminación, a desigualdade de xénero e a inxustiza.

 

Enténdese por cooperante a aqueles profesionais que traballan no exterior cunha vinculación laboral. Sen esa vinculación laboral non podemos falar de cooperantes, senón de voluntarios/as ou ben de misioneiros/as e relixiosos/as.

 

O perfil do/a cooperante é unha muller menor de 35 anos, cun perfil especializado, que traballa en América Latina e África e que desenvolve o seu traballo nunha ONG de Desenvolvemento.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 Sursoñador 09/09/2011 09:01
A cooperación institucional en xeral, e o que eu coñezo da cooperación da Xunta de Galicia, sempre ten un compoñente de interese estratéxico para Galicia, de "apertura de mercado" para as empresas "galegas" (multinacionais con nome galego). Así por exemplo a forte inversión en Namibia en temas de pesca e acuicultura, este país ten frente a súas costas un dos mellores caladeiros de pesca do mundo, imaxinade quen o explota?

E agora coa palabra máxica, crise, todo recorte é válido, aquí ou alá.

É preciso que a sociedade civil organizada plantexe outras formas de cooperar e esixamos non só o mantemento de fondos e postos, senon líneas de traballo, apoios a plans estratéxicos locais, compromiso de cooperación que non endeude máis os paises receptores.
En definitiva exisir unha verdadeira cooperación para o Desenvolvemento.

Un libro que fala disto e de como estamos empobrecendo aínda máis os paises do Sur: "Africa o socorro de África" de Sanou Mbaye.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.