Portada NOVAS Contra os recortes en cooperación envía a túa queixa ao Valedor do Pobo
Contra os recortes en cooperación envía a túa queixa ao Valedor do Pobo
Escrito por Angel Dorrio   
Sábado, 24 Setembro 2011 12:17
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

tijeras

En dous anos, A Xunta de Galicia reduciu o 48% do orzamento dedicado a cooperación ao desenvolvemento. Estes drásticos recortes están a dinamitar o traballo a prol da loita contra a pobreza que desenvolven as ONGD galegas e son a evidente mostra de que o goberno galego incumpre, de forma sistemática, os acordos asinados en materia de cooperación.

 

Un ano despois da sinatura do Pacto galego contra a Pobreza, e co obxectivo de denunciar estes feitos e esixir responsabilidades á Xunta, dende a Coordinadora Galega de ONGD, da qeu foram parte Amigos da Terra,  poñemos en marcha unha campaña de envío de queixas ao Valedor do Pobo.

 

Cantas máis queixas cheguen, mellor. Demostremos así que somos moitos e moitas as que estamos a favor da xustiza social e a solidariedade entre os pobos. Difunde esta iniciativa entre a túa familias, amizades, compañeiros e compañeiras de traballo...

 

Como facelo?


Dende a Coordinadora temos elaborado un modelo de carta que podes descargar neste enlace >>>

 

As formas de envío das queixas son varias:

 

* A través da aplicación web do Valedor do Pobo >>>

* Por correo electrónico a:    Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

* Por fax: 981 572 335

* Por correo postal: Rúa do Hórreo, 65 – 15700, Compostela (A Coruña)

* En persoa, tamén na Rúa do Horreo, 65.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #2 Judith 26/09/2011 13:53
Estimado Eladio as queixas á administración xa se fixeron, e xa se obtivo resposta, por iso o seguinte paso que se esta a facer é presentar unha queixa ao Valedor do Pobo.

Se che interesa podemos enviarche a resolución do Recurso de reposición presentado a administración.
Citar
 
 
-2 #1 Eladio Goméz Quintas 26/09/2011 07:26
Pero esto ten que estar mal, primeiro teras que escribir a adminsitración da xunta queixandote da reducción e si non recibes resposta enton teras que dirixirte o valedor do pobo.
Por eso digo que esto esta mal pensado.
Dimisión da persoa que elaborou este tema.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.