Portada NOVAS Semana de Mobilización contra a Pobreza
Semana de Mobilización contra a Pobreza
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 10 Outubro 2011 21:10
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Logo_Pobreza_Cero_p

 

Entre o 10 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en todo o Estado español a Semana de Mobilización contra a Pobreza. E en Galicia, como cada ano, a Coordinadora Galega de ONGD coordina todas as actividades que se levarán a cabo no territorio. Nestas rede participan as 48 ONGD integradas na Coordinadora Galega entre as que se atopa Amigos da Terra.

 

Desde o ano 2005 a sociedade mundial mobilízase durante esta Semana para esixir aos líderes políticos o fin da pobreza a través do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Hoxe, no actual contexto económico, político, social e cultural, esiximos aos gobernantes que non dean un paso atrás nas políticas de loita contra a pobreza, que rectifiquen os recortes sociais e que defendan a solidariedade internacional por enriba dos mercados.

 

O lema para este ano é: «Esixe Pobreza Cero. A solidariedade non se recorta!» e aquí podedes leer o manifesto completo.

 

Podedes participar na loita contra a pobreza de moitos xeitos:

 

1. Presentación pública da Campaña de envío de queixas ao Valedor do Pobo. Entra aquí >>>.  Tamén podedes enviar vós as queixas dende aqui.

 

2. Teatro contra a pobreza nas rúas de Galicia. Entra aquí>>>

 

3. Unidades didácticas para a sensibilización e a mobilización social. Entra aquí>>>

 

4. Programación de actividades en toda Galicia. Entra aquí>>>

 

5. Participa nas mobilizacións do 15M previstas para o 15 de outubro. Entra aquí>>>

 

6. Difunde a Campaña Pobreza Cero! Entra aquí>>>

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.