| Libro de fotografías “Golfo de Fonseca” |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Mércores, 21 Decembro 2011 10:01 |
|
Dende Amigos da Terra e AGARESO, a través dun convenio de colaboración, continuamos coa difusión do proxecto "Golfo de Fonseca", por medio da edición en formato dixital do libro de fotografías, e para dar a coñecer en Galicia os proxectos de cooperación en pesca artesanal sostible que levamos desenvolvendo nesta zona.
No ano 2009, tiña lugar a expedición de cinco reporteiros de Agareso, rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que a Amigos da Terra está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade mariño-costeira.
Durante doce días visitaron as comunidades máis empobrecidas: pequenas cooperativas de pescadores/as artesanais, leñateros, salineiras... para amosar a loita das xentes destas vilas por acadar un futuro mellor.
Queremos presentarvos o libro de fotografías que editamos en formato dixital no marco deste proxecto, e que inclúe unha mostra de 60 fotos, realizadas polo fotógrafo de AGARESO, Carlos Puga, onde se reflicten as impresións e vivencias durante a súa visita aos proxectos de Amigos da Terra.
Ase mesmo, lembramosvos que tamén podedes visitar e exposición de fotografías que aínda permanecen no Pazo Torrado en Cambados, ata o vindeiro 7 de xaneiro de 2012. |







