|
Dous novos proxectos no Golfo de Fonseca serán o punto de partida da oficina que neste mes de setembro abrirá Amigos da Terra en Honduras.
O proxecto "Promovendo a conservación dos recursos mariños costeiros e o incremento de beneficios da pesca artesanal no Golfo de Fonseca". Baixo unha visión integral das debilidades e fortalezas desta rexión, Amigos da Terra estará iniciando actividade este mes de setembro de 2008. É un proxecto trinacional (Nicaragua, Honduras e O Salvador), cunha duración de 12 meses e financiado pola Dirección Xeral de Cooperación (175 mil euros). Trátase dunha iniciativa que fortalecerá as capacidades dos pescadores para brindar valor agregado aos produtos da pesca e promoverá a conservación dos recursos mariño costeiros e a participación.
Os beneficiarios directos son grupos organizados de pescadores, quenes van lograr melloras nas condicións de equipamento básico; coñecementos e posta en práctica de mellores técnicas de manexo, procesamiento e hixiene de peixe; así como capacitacións nos mecanismos e estratexias de comercialización que garantan un incremento nos ingresos familiares.
O proxecto pretende incorporar á muller nos procesos de procesamiento e comercialización dos produtos mariños como unha forma de abrirlle espazos económicos. A integración da muller notarase tamén en procesos organizativos e de toma de decisión en todos os niveis, desde as comunidades ata as representacións sectoriais. Prevese unha participación xeneralizada e fomentada da muller en todas as actividades e beneficios do proxecto.
Por outra banda, contribuirase á promoción da conservación dos recursos mariños costeiros do Golfo de Fonseca, con accións de capacitación e información a pescadores, estudantes e poboación organizada, sobre diversos temas localmente relevantes para a sustentabilidade.
O proxecto executarase co apoio de socios locais e colaboradores de Amigos da Terra, neste caso particular, Coordinación de Comunidades para o Desenvolvemento do cacahuatique (CODECA) no Salvador, Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF) en Honduras, Loitadores Integrados ao Desenvolvemento da rexión (LIDER) en Nicaragua.
Esta iniciativa atópase inmersa no acordo trinacional de paz e desenvolvemento sostible do Golfo de Fonseca que asinaron os presidentes das tres nacións.
Asemesmo Amigos da Terra Estatal grazas ao financiamento da Axencia de Cooperación Española de Cooperación para o Desenvolvemento (AECID) executara o proxecto "Desenvolvemento das capacidades locais e dos medios de vida para o fortalecemento do proceso de co-xestión das áreas protexidas do Golfo de Fonseca, Honduras". o obxectivo é xerar capacidades locais en apoio á co-xestión das áreas protexidas cedidas en co-manexo a tres actores locais, o Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF), Alcaldías e a Corporación Hondureña de Desenvolvemento Forestal (COHDEFOR).
Dito proxecto apoiará o desenvolvemento integral das comunidades locais situadas nas áreas protexidas Os Delgadiños, Illa do Tigre e Bahía de Chismuyo, promovendo o alivio da pobreza a través da creación de oportunidades reais para os beneficiarios.
Por outra banda, apoiarase o manexo e conservación dos recursos naturais, creando novas ferramentas de xestión e apoiando os programas de manexo e conservación, definidos nos plans de manexo existentes. Os beneficiarios directos son garda recursos, comunitarios involucrados no procesos de elaboración de plans de ordenamento, brigadas para as campañas de protección de tartarugas mariñas, líderes comunitarios, guías de turismo, mestres e estudantes de escolas locais, membros do Consello Rexional de Áreas Protexidas (CORAP), Consellos Locais de Áreas Protexidas (COLAP), alcaldías, comunitarios, técnicos de organizacións locais involucradas no manexo das áreas protexidas do Golfo de Fonseca. A área de execución cubrirá a 29 comunidades que forman parte de áreas protexidas do Golfo. |