Portada NOVAS de Lexislación A participación pública cidadá e o proceso de información pública
A participación pública cidadá e o proceso de información pública
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 02 Outubro 2009 10:07
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
ppb


Amigos da Terra critica ás administracións públicas que continuan substituíndo a partición pública dos cidadáns polo dereito a presentar alegacións durante o proceso de información pública.

 

A participación pública en plans e programas que teñan incidencia directa ou indirecta no medio ambiente, supón que o cidadán poderá contribuir na elaboración de ditos plans e programas facendo aportacións as cales deberán ser tidas en conta pola autoridade competente. Este dereito recollido na Lei de Aarhus, tamén coñecida como Lei 27/2006, do 18 de xullo, incúmplese sistematicamente polas administracións.

 

Este incumprimento ten a súa orixe no troco que fai a administración do dereito de participación polo dereito a facer alegacións durante o proceso de información pública. Pero ambas fases de intervención cidadá, son distintas. A participación, suporá un análise previo do plan o programa, enténdanse proxectos medioambientais ou normativa medioambiental, antes de que estes se publiquen como anteproxectos aos que o cidadán tan só poderá facer alegacións as cales, a pesar de vir reguladas por distintas leis entre elas a propia Constitución, non serven para nada. E non serven, porque a administración fai caso omiso das mesmas sen contestar ao alegante e sen incorporalas ao texto alegado. Artigo Amigos da Terra sobre o valor xurídico das alegacións.

 

A administración, actuando como omitente do exercicio dos dereitos que lle corresponden á poboación, conságrase como órgano de poder cuias decisións son tomadas, polo tanto, dun xeito unilateral sen posibilidade de intervención cidadá deixandoo, polo tanto, ante unha total inseguridade xurídica.

 

Tarefas lexislativas das novas Consellerías

 

Nos últimos días, véñese falando dende o executivo galego da firme proposta de elaborar e publicar varias normas legais tales como a reforma da Lei do Solo, a Lei de Augas para Galicia, o Plan de Ordenación do Litoral, as Directrices de Ordenación do Territorio ou o Plan Director da Rede Natura. Amigos da Terra, como entidade ecoloxista e, polo tanto, como axente social implicado na conservación do medio ambiente, debe ser tida en conta, para a formulación de propostas durante ese proceso que é anterior á fase de alegacións.

 

Se como asociación ecoloxista ou como cidadán con dereito a participar queres solicitar ser tido en conta para exercer dita participación, envía un escrito á Consellería competente e esíxelle o cumprimento da lei Aarhus.

 

Consulta este Estudo elaborado por Amigos da Terra para asesorarte de como exercitar os teus dereitos.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.